ENTREVISTA A ADRIÁN, DELEGADO DA CGT EN ABAI-GROUP A CORUÑA.

Moitas son as dificultades que teñen os traballadores do sector de telemarketing para chegar a fin de mes. Tamén moitas son as dificultades para seguir traballando en empresas como esta, Abai-Group de A Coruña, sen que afecte a propia saúde dos traballadores. Pese a todas as reunións mantidas e escritos enviados a dirección, estes non serviron para que ABAI decidise poñerlle fin a actual escalada de precariedade e acoso.

Como publicabamos na anterior La Campana apoiando o comunicado do comité de empresa:

A Dirección decidiu declararlle a guerra ao persoal a través da degradación sistemática das condicións laborais, cada día temos máis presión con auditorías indiscriminadas, obrigación de cubrir infinidade de cuestionarios, movementos arbitrarios entre departamentos e cambios unilaterais de incentivos, que provocan un grave prexuízo económico, ao verse reducidas drasticamente as retribucións variables.

É a hora de actuar de maneira colectiva para defender con contundencia os nosos dereitos laborais e o dereito a traballar dignamente. A estratexia depredadora de ABAI é un atentado contra as nosas vidas, poñendo en grave risco a nosa saúde, non o podemos permitir!.

O Comité de Empresa chama a todas/os as/os compañeiras/os a secundar a folga de 24 horas, que o teletraballo non sexa un impedimento para demostrarlle á compañía que non estamos dispostas/os a soportar máis os seus abusos.

Para obter as primeiras impresións sobre esta folga puxémonos en contacto co noso compañeiro Adrián, que viviu intensamente a xornada de folga.

Ola Adrián, ti es delegado sindical da CGT en Abai. Preséntate ti aos lectores de la campana.

Ola! Son Adrián García Seijas, delegado da CGT en Abai-Group, na Coruña.

O pasado xoves 20 convocastes unha folga de 24 horas en Abai, onde traballades. Podes contarnos os motivos polos que decidistes enfrontarvos á empresa con esta folga?

Si, o pasado 20 de outubro convocamos unha folga de 24 horas polo deterioro das condicións laborais desde que esta empresa comprou o que era antes Extel, pois estamos a vivir un deterioro continuo das condiciones laborais con incumprimentos de acordos que se acadaron coa RLT e poñéndonos mil trabas pois para o desfrute por exemplo das vacacións e cambios unilaterais que bueno simplemente o que están facendo e aumentar a carga de traballo sobre as compañeiras.

A folga a convocastes como comité de empresa. Que foi o que convenceu ao resto dos sindicatos para convocar a folga? Como está repartido o comité?

Esta folga foi convocada no comité de Coruña pero tamén foi respaldada por unha convocatoria estatal por parte da CGT. O comité de Coruña o que conta é con catro seccións sindicais. Por un lado está a CGT que sería o sindicato maioritario, Comisións, a CIG e UGT.

Como son as relacións que tedes co resto do comité?

A relación que temos co resto do comité…, salvo, bueno… todas sabemos a filosofía laboral que temos,… as relacións, pois son cordiais, e en moitos momentos facemos movementos estratéxicos comúns para mobilizar ou para xerar climas en asuntos que son moi transversais e que necesitan que a xente poda identificar que abrangue a todo o mundo.

Para que a folga teña seguimento fai falla moito traballo previo de axitación e propaganda. Como planificastes este traballo? Cal foi o seguimento da folga?

Nos, na folga o que sempre facemos con carácter previo é mobilizacións, é traballo de concienciación para entender que a loita colectiva e solidaria é o único camiño para alcanzar as cousas. O que viñamos facendo nesta folga foi utilizar moito as redes sociais, tamén tivo un gran impacto nos medios de comunicación. Esto foi o que fixo que a folga fora realmente un éxito en Coruña, cun seguimento masivo. O centro de Coruña xa é en un centro que está moi acostumado a encabezar loitas e a mobilizarse. Houbo unha concentración dentro do centro de traballo onde as compañeiras puideron mostrar a súa indignación coas as medidas que está a tomar a empresa.

Como valorades, cales son as primeiras impresións de CGT sobre a folga?

As nosas primeiras impresións son moi positivas porque vemos que a plantilla está tomando conciencia que a única maneira que hai de poder conseguir parar isto, é facelo todas xuntas. Outra cousa é que, bueno…, a dirección da empresa non entenda, ou este a facer oídos xordos, ao que está pasando, á realidade que sofren moitas traballadoras que están a poñer en risco a propia saúde para poder seguir traballando.

Como mirades o voso futuro despois desta folga?

O futuro… bueno…. nos sempre temos unha mobilización, sempre está presente, con outro tipo tamén de accións que poden ser complementarias. Nos ao que estamos agora é á espera de que a empresa recapacite, ou se non teremos que seguir tomando medidas que poñan fin a esta tiranía que está habendo por parte desta empresa.

No sector do telemarketing o futuro sempre é bastante incerto. Estamos nun sector que é totalmente precario onde a inestabilidade é total. Temos que loitar cada día cun convenio colectivo que lles permite un marco en un abanico para facer toda este tipo de cousas e así que nos vexamos, as traballadoras, sen capacidade para poder defendernos.

Seguro que hai algunha cousa que non te preguntei pero que está ben dicir nunha entrevista como esta. Engade agora o que queiras.

Si, isto é un pouco o resumo e un pouco tamén a traxectoria nestes anos de loita sindical nos que se conseguiron que en moitos momentos houbese melloras por encima das recollidas no convenio colectivo e foi gracias a tenacidade e o respaldo da plantilla. Por eso queremos seguir deste xeito e que se poida continuar porque entendemos que esta é a única maneira de facelo. Sabemos que hai un retroceso que supón, ou que vai a supoñer, a dificultade para volver outra vez ao punto onde estabamos, polo tanto faremos todo o que estea nas nosas mans para seguir adiante que se garanta o que xa temos conquistados.

Grazas Adrián por atendernos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *