EN TELEMARKETIN AS EMPRESAS CONTINÚAN A DESPREZAR ÁS PERSOAS
A deshumanización do traballo e o constante empeño de anular a vontade das persoas é unha sinal de identidade das empresas hoxe en día, pero especialmente e sen ningún tipo de disimulo nas de Telemarketin. Este trato as traballadoras, que considera a man de obra como pura mercancía, afecta notablemente ao benestar emocional e a saúde das traballadoras. Non é moi difícil deducir que estes atentados contra a saúde non so afectan ao propio traballador que o sofre senón tamén ao seu entorno mais inmediato como tamén á sociedade na que vive e ao conxunto da sociedade. Posiblemente a sociedade que padecemos neste mundo democrático e o seu estado de enfermidade teña a súa primeira causa nesta deshumanización.
A empresa TELEPERFORMANCE ven de comunicar o pasado venres 25 de Agosto a súa intención de aplicar un ERE nos centros de traballo que posúe en Sevilla, Ponferrada e A Coruña por causas estruturais e organizativas. Deste xeito crea a incerteza na vida de 2000 persoas que traballan directamente para a compañía e no seu entorno. Esta situación de alerta e incerteza non podería empezar a ser aclarada ata o venres 1 de setembro, data da primeira xuntanza da mesa de negociación coa representación sindical. A partir de ese día comezaría a definirse cantas e cales persoas vai cargarse a empresa polo que a incerteza convertese en falla de recursos para afrontar a vida ou en salvamento ata o próximo reaxuste. Por se fora pouco o xoves 28 a empresa comunica que tamén suma ao ERE o centro de traballo de Madrid polo que a xuntanza de constitución da mesa de negociación ten que aprazarse ata o 4 de setembro ao ser esta unha segunda comunicación do ERE e por tanto dende onde empeza a contar o prazo legal para constituír a mesa. Para xustificar esta chapuza, no mellor dos casos, ou maldade da empresa din que repasando a documentación para aportar á parte social déronse de conta que había persoas afectadas no centro de traballo de Madrid.
Pese a toda esta incerteza e falla de información, as nosas compañeiras do centro de traballo de A Coruña teñen claro que non van a permitir este ERE e que van a defender a todas e cada unha das traballadoras e traballadores. Tamén teñen claro que van loitar na mesa de negociación e que van tomalo moi en serio. Deste xeito estanse xa a coordinar a nivel estatal coas seccións sindicais dos centros afectados e dos non afectados para en primeiro lugar recopilar unha información detallada e actualizada sobre postos de traballo, censos, clientes, campañas etc. Este xeito de traballar, en apoio mutuo, e subliñado especialmente polas nosas compañeiras da Coruña. Tamén teñen claro que a empresa non alega circunstancias económicas, e que usa os eufemismos de causas estruturais e organizativas, xa que non pode pois ven de presentar as súas contas de 2022 con ganancias millonarias. Ademais TELEPERFORMANCE ven de comprar en abril outra empresa, Majorel, por 3.000 millóns de euros, amosando así o seu poderío económico.
Outro punto a ter en conta, e que está a axilizar esta liberdade de despedimento para as empresas, é a coñecida eliminación do visto bo da autoridade laboral para levar a cabo un ERE. Así TELEPERFORMANCE só ten que cubrir os trámites necesarios e respectar os prazos para consumar ese ERE xa sexa xustificado ou non e sen necesidade de negociar nada, impoñendo a súa decisión. Así a chamada mesa de negociación non é tal a non ser que se acuda a esa mesa co respaldo da mobilización das traballadoras e traballadores en solidariedade e apoio mutuo. Liña de enfrontamento que tamén teñen claro as compas da Coruña.
A través destas páxinas de La Campana e en repetidas ocasións veñen demostrando as compañeiras do sector do Telemarketin o seu compromiso coa loita polos traballadores. Non temos que ir moi lonxe, outra sección sindical de telemarketin na Coruña, a de ATENTO, convoca mobilización para o vindeiro 8 de setembro en defensa dos postos de traballo. No último mes Atento volveu á carga co despido disciplinario de 5 compañeiros que traballaban na quenda de fin de semana, apuntan nun comunicado dende o comité de empresa, coma sempre baseados en mentiras de baixo rendemento.
A quenda de fin de semana estase a desmantelar en ATENTO da Coruña sen motivo e co ánimo da empresa de que pase o máis desapercibido posible. Nesa liña de enfrontamento de solidariedade e apoio mutuo, o comité de empresa de ATENTO acordou convocar unha folga de 24 horas para todo o persoal incluídas as contratacións por ETT, para o vindeiro 8 de setembro incluíndo unha concentración as 12 horas diante do centro pola rúa Juan Florez para esixir a readmisión dos compañeiros e a defensa dos postos de traballo.
Para o comité de empresa é o momento de que ATENTO perciba a unidade dos traballadores ante as súas afrontas. “Como noutras ocasións, demostraremos que a loita serve e que continuaremos respostando contra os atropelos da empresa cada vez que sexa necesario facelo”, conclúe o comunicado.