A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO
Despedimentos en Teleperformance
Tamén a semana pasada informabamos da difícil situación que lle viña encima ás traballadoras de Teleperformance. As 11:00 da mañá do pasado luns comezaba a primeira reunión do período de consultas do ERE planificado pola empresa. Pronto, aínda non rematada a reunión, chegábannos os primeiros datos. 158 despedimentos en Ponferrada, 110 en Sevilla, 38 na Coruña e 4 en Madrid, un total de 310. Unha brutalidade!. A sección estatal da CGT en Teleperformance non se fixo esperar e enseguida difundiu comunicados informativos onde aclaraba que estaba completamente en contra da intención da empresa e que a postura da CGT é loitar por todos os postos de traballo.
Puxémonos en contacto con Rocío que asistiu á reunión do luns como parte da sección sindical da Coruña e contestou as nosas preguntas.
Que sensación sacastedes da reunión a sección sindical da CGT da Coruña?
Sensación??? Entre nós, esperpento polo circo que se montou nun par de ocasións. 310 é un golpe moi duro por parte da empresa con argumentos de problemas e situacións aos que non puxo remedio moito antes.
Esperpento? Circo? A que te refires?
Hai cousas que polo de agora inda non se poden contar pero de seguro se acabarán por saber.
Esperpento por a gravidade do asunto e a falta de seriedade para tratalo xa na primeira reunión por algunha das partes, direi por agora.
Intúo, tal e como dis que a empresa non puxo remedios antes, que os argumentos que ofrece son unha falsidade. Cales son eses argumentos?
TP traslada a baixada de traballo derivado por clientes como neste caso Vodafone e Netflix para indicar que están sobredimensionadas (hai máis persoas das que precisan) e que non son rendibles e non teñen agora mesmo outros servizos “co mesmo perfil” para poder reubicar.
En moitas ocasións estas reunións, estes períodos de consulta son unha simple burocracia e a empresa so agarda que pasen os prazos para executar a decisión, sobre todo dende que se eliminou a aprobación da autoridade laboral para a execución dos EREs. No voso caso, a empresa presentouvos algunha posibilidade de negociar? Como valorades a actitude da empresa?
Por agora sólo fixeron unha exposición da situación, á que pintan de complicada, e o porque plantexan o ERE, a entrega da documentación e a constitución da mesa de “negociación”.
Certo que a parte social expuxemos unha primeira valoración (moi por enriba a falta de revisar todos os documentos entregados) e fixemos peticións de información básica a maiores da que nos fixeron chegar para poder valorar o transfondo dá situación.
Agora tedes por diante un inmenso traballo de revisión de documentación. Polo que tedes revisado ata agora podedes sacar algunha conclusión?
A nosa conclusión de primeira vista é a falta de entendemento a unha medida tan drástica dende una multinacional que ten beneficios millonarios todos os anos e que ten contratos de prestación de servizos con clientes e marcas tanto pequenas como moitas moi importantes onde se poderían reubicar compañeirxs e tamén seguir contratando novo persoal.
Non entendemos a falta de interese por propoñer cambios de servizos e formar á súa propia xente, facéndose unha empresa moito mais competente.
Como tedes dito, a loita é o único camiño, non podo estar mais de acordo. Como ides a encarar esta loita?
Xa estamos organizando unha folga de 24 horas na que queremos que todxs xs compañeirxs a nivel estatal apoien e participen, ademáis de comunicacións continuas sobre os pasos da negociación e facendo conciencia de clase e compañerismo.
Agora mesmo é moi importante toda a unidade e solidariedade para facer forza e parar o ERE nos 4 centros.
Como vedes o camiño de levar o ERE aos tribunais?
Inda é pronto pois non hai nada firmado nin decidido e na nosa cabeza o único obxectivo é que non se leve a cabo. Pero certo que temos plantexado todas as posibilidades que poidan haber para tamén ter presentes todas as opcións.
Como está a recibir a plantilla este ERE? Que é o que vos percibides?
Hai un ambiente revolto pola sorpresa e a falta de información exacta do que pode suceder. E tamén hai nerviosismo e desgusto, sobre todo nos centros de Ponferrada e Sevilla que, de entrada, levan os golpes máis duros (158 e 110 respectivamente).
Aquí xa hai compañeirxs que nos fixeron saber que están a desgusto cá situación, véndose moi pouco valoradxs e cá posibilidade de verse mañán no paro.
Hai que facer psicoloxía e tratar de manter unha calma ata que se vaia aclarando máis o tema e saber como vai a proceder TP. Isto apenas comeza e mentres non teñamos, polo menos 2 ou 3 reunións máis, non saberemos exactamente por onde vai a tirar o tema. Mentras, estamos na loita de manter a todo o mundo no seu posto.
Algunha cousa máis?
Polo demais, agradecervos sempre todo o apoio e difusión que estamos a ter pola vosa parte e de moitxs outrxs compañeirxs do telemarketing galego e estatal, así coma de CGT Coruña, CGT Pontevedra, e distintos sectores e territorios onde está CGT.