25 ANOS DE LOITA OBREIRA EN ATENTO CORUÑA
O pasado Setembro cumpríanse 25 anos dende que a empresa de Telemarketin ATENTO abriu as súas portas na rúa Juan Flórez da Coruña. Tamén cúmprense 25 anos da sección sindical de CGT en ATENTO Coruña. Declarados como un infeliz aniversario pola sección sindical repasamos unhas poucas das dispares loitas que a sección sindical protagonizou, ben en solitario, ben con outros sindicatos ou con todo o comité de empresa. Parécenos de moito interese a evolución desta loita. Ademais é unha evidencia da que tomar nota e aprender sobre as estratexias e actitudes empresariais nos sectores más precarios, así como das respostas necesarias para frear o abuso e explotación nestes tempos de retroceso dos dereitos laborais. Incluso de melloraras, como foi a eliminación do artigo 17 do seu convenio colectivo que permitía a extinción dos contratos de obra ou servizo por diminución de volume da campaña contratada. Así nolo contan dende a sección sindical.
No ano 2007 nos fixeron saír a rúa convocando folgas, concentracións e unha multitudinaria manifestación reclamando a readmisión de 179 compañeirxs despedidxs miserentamente polo antigo e infame artigo 17 do convenio. Aínda que xs compañeirxs non conseguiron recuperar os seus postos de traballo, canto menos logrouse que eses despedimentos foran declarados improcedentes e que non quedaran en miserentas indemnizacións de 8 días por ano traballado. E o máis importante: logramos respecto e dar a coñecer a nosa forza.
O ano seguinte foron 80 compañeirxs do 11822 xs despedidxs, co mesmo e amargo resultado de perder o seu traballo pero a cambio de indemnizacións pola improcedencia dos despidos e non polo -de novo- artigo 17. Mentres se executaban estes despidos, Atento inventouse o traslado a León de case 30 compañeiras do 1004, noutra artimaña para desfacerse de nós; aínda que, finalmente, as compañeiras que resistiron a presión da empresa recuperaron os seus postos de traballo en Juan Flórez.
No 2013 volvemos a saír as rúas polo despedimento de 142 compañeirxs entre os departamentos de Pymes (112) e do CAT ADSL (30). Nesta ocasión, coas mobilizacións, a unión e a loita fomos quen de paralizar todos os despidos e xs afectadxs mantiveron o seu posto de traballo.
Tras varias derrotas coa estratexia de despedirnos en base ao artigo 17, Atento cambiou o paso e tentou desfacerse de nós con dous EREs:
O primeiro deles no verán de 2014, pretendendo botar a 655 compañeirxs en total. Tras masivas e enérxicas mobilizacións, coa presión exercida entre todxs conseguimos destapar as trampulladas da empresa e lograr que o ERE fose declarado nulo e que quen quixera poidese recuperar o posto de traballo.
O segundo ERE foi pretendidamente encuberto, cando Atento quixo dividirnos e despedir a compañeirxs en Coruña e Valencia para un total de máis de 30 persoas; o que na práctica era eludir a normativa burlando o noso dereito á negociación colectiva. A torpeza e a mala baba da empresa puxéronllo doado aos tribunais; de novo despidos nulos.
En conclusión: OS POSTOS DE TRABALLO NON SE VENDEN; OS POSTOS DE TRABALLO SE DEFENDEN!! e tamén: OS EREs NON SE ASINAN, OS EREs SE COMBATEN!! non son lemas vacíos e cando nos unimos e nos organizamos podemos triunfar na defensa dos nosos dereitos.
Tamén tivemos que enfrontarnos a múltiples modificacións substanciais de xornada (reducións de horas no CAT e cambios de horarios e quendas practicamente na totalidade dos servizos) que nos impiden chegar a fin de mes, compatibilizar as nosas vidas e que en moitos casos nos obrigan a renunciar ao noso traballo. Destas habituais manobras empresariais obtivemos tamén resultados dispares.
A CGT opúxose frontalmente ao ERTE que Atento presentou no 2020 aproveitándose de crise sanitaria da covid 19 e que, tal e como temiamos, rematou con case 20 traballadoras despedidas de PA Digital (páxinas amarelas) en Coruña.
Tamén coincidindo coa crise da covid lle fixemos fronte a Atento con mobilizacións e folgas ata conseguir que deixara de castigarnos mandándonos a traballar de xeito presencial (expoñendo a nosa saúde temerariamente) se non cumpriamos uns obxectivos arbitrarios e impostos.
No noso día a día mantivemos -e mantemos- outras frontes abertas contra Atento: aspiramos a rematar coas contratacións a través de ETTs, manifestámonos contra as falcatruadas da mutua e os intentos de xogar coa nosa saúde mediante intermediarios piratas (Job Medical)… E tantas e tantas ameazas, presións, e agresións de todo tipo que sofremos decotío.
Nos últimos tempos tocou e toca mobilizarnos contra a nova modalidade de Atento de destruír emprego: despidos a contagotas que disfraza de disciplinarios, aínda que logo recoñece a sua improcedencia sen vergoña e a golpe de talonario.