CONSUMASE O ERE EN TELEPERFORMANCE
No número 4 desta última época de la Campana publicabamos unha entrevista con Rocío da sección sindical de CGT en TelePerformance da Coruña. Naquel momento comenzaban as reunións coa empresa para as consultas e negociación dos 310 despedimentos anunciados pola empresa que afectaban aos centros de TelePerformance en Ponferrada, Sevilla, Coruña e Madrid. Esta brutalidade de medida empresarial era denunciada por CGT nese primeiro momento “A nosa conclusión de primeira vista é a falta de entendemento a unha medida tan drástica dende una multinacional que ten beneficios millonarios todos os anos e que ten contratos de prestación de servizos con clientes e marcas tanto pequenas como moitas moi importantes onde se poderían reubicar compañeirxs e tamén seguir contratando novo persoal”. Durante o proceso de consultas a CGT confirmou esta primeira impresión. Así nun comunicado da sección sindical estatal aos traballadores, o 25 de setembro, xa avanzado o proceso, dicía “No hay causa para la medida al no acreditar el sobredimensionamiento de Vodafone y Netflix, y que los documentos presentados tienen cálculos erróneos con los objetivos de las campañas. Además, hemos vuelto a incidir en la importancia de tener una fusión en ciernes con otra empresa del sector y que, incluso según la propia documentación de Teleperformance, ha bajado el censo en los centros afectados en 55 personas, con lo que exigimos que se retire la medida que a día de hoy nos afecta a 299 de personas trabajadoras tras heber reubicado a 11 en la campaña de Coca Cola en Sevilla”.
Finalmente o 5 de outubro CGT difundía outro comunicado onde lamentaba a consumación do ERE pola empresa e a desidia de certos sindicatos “En el día de ayer hemos sufrido viendo como 299 compañeros/as desfilaban por la puerta… Ha sido de vergüenza la falta de humanidad de esta empresa haciendo despidos por llamada telefónica, videos grupales, errores en los datos, explicando mal los pasos a seguir para quien se marcha… De autentica pena lo que hemos sufrido ayer en los centros de trabajo, tratando a las personas trabajadoras como si fueran simple mercancía en la empresa, y no como personas… Como era de esperar, en la mayoría de los centros, CCOO no se han dignado a dar la cara, incluso cuando sus afiliados/as afectados/as por los despidos, pedían representación sindical, tuvo que ser CGT quien les representase en ese proceso… por otra parte, la actitud de USO fue lamentable, porque, aunque se presentaron en el centro de trabajo en el que tienen representación, su actitud fué completamente indignante, pasando y despreocupandose completamente de las personas afectadas”.
Con este panorama volvemos poñernos en contacto con Rocío para que nos explicara que pasou neste “esperpento”, neste “circo”, como xa cualificara Rocío na anterior entrevista ao principio do que ía vir.
Ao final, o ERE foi consumado pola empresa, En que condicións executouse o ERE?
Foi avalado polos “sindicatos” CCOO, UGT e USO, accedendo ao despido de 299 compañeiras dos 4 centros: Coruña, Madrid, Ponferrada e Sevilla, saíndo 196 de forma voluntaria e 103 de maneira forzosa cunha indemnización de 30 días por ano traballado con un máximo de 18 mensualidades.
Quedaron excluídas dos forzosos os seguintes colectivos vulnerables:
a. Vítimas de violencia de xénero.
b. Mulleres embarazadas.
c. Familias monoparentais.
d. Reducións CUME (Coidado de menores afectados por cáncer u outra enfermidade grave).
e. Máximo de 1 persoa por unidade familiar, no caso de estar afectados as 2 persoas dun matrimonio ou parella de feito.
CCOO emitiu un comunicado, antes de asinar o ERE, animando aos traballadores a presentarse voluntarios para seren despedidos en este ERE. Ao mesmo tempo UGT consideraba como unha cuestión de responsabilidade que os traballadores puideran acollerse a esta voluntariedade…Como pode ser isto?
CCOO dende o comenzo deste ERE non fixo nada mais ala de mercadear e poñer prezo ás saídas, chegando a pedir un plus de 5000 euros + indemnización que TelePerformance nunca aceptou. Ata as gardas legais que ían a “protexer” ou o máximo de 155 despidos acabaron por olvidalos asinando o acordo da vergonza.
No caso de UGT comezaron defendendo que non había causas, contraargumentando os informes da empresa ata as 3 últimas reunións, que xa sacaron o argumento da “responsabilidade” porque vían que o ERE íase a executar e querían “as mellores condicións”.
USO, o terceiro firmante, mantiña o argumento de que tampouco vían causas pero que de aplicarse o ERE, este debería ser con persoal voluntario non forzoso e dando a entender ata a última hora de que non ian a firmar.
Facerlle o traballo á empresa animando a saídas voluntarias en lugar de pelexar polos postos de traballo e as súas melloras di moito da deriva sindical desas siglas. Porque xa non é solo sacar cartos para quenes se van (en localidades coma Ponferrada onde non hai tantas saídas laborais e cun 90% das compañeiras con xornadas parciais de 20-25 horas semanais, esta medida é un mazazo e non hai indemnización que sustente moito tempo ás familias afectadas), senón que tamén hai que ter presente como van a seguir quenes quedan, a carga de traballo e ás condicións que van a ter.
CCOO lamentábase de que a voluntariedade non alcanzara o 100% porque se tivo obstaculizado dende varios frontes. Sabes a que se refiren? Nalgún momento acusaron a CGT de obstaculizar os despedimentos?
Chámanlle obstaculizar despidos á defensa das compañeiras e o mantemento do traballo. Querían a voluntariedade para poder vender que conseguiran boa indemnización e impediran a saída de forzosos, non por outro motivo.
Non aceptaban as saídas de persoas con gardas legais ou que queiran seguir traballando e mira o que acabaron asinando…
No mesmo comunicado do 28 de setembro, CCOO aclaran en primeiro lugar unha dúbida que din está xurdindo entre os traballadores. Pretenden aclarar que o ERE o presenta a empresa e non os sindicatos. Non entendo como pode xurdir esta dúbida. E tí, como cres que xurde a confusión?
Pola mala e pésima información nos grupos e chats de WhatsApp e nos pasillos dos centros de traballo.
Cando tes que chegar ao punto de aclarar estas cuestións ou mostrar escritos de que as delegadas fan unha folga, está claro que hai cosas que non se están facendo ben ou que priman os intereses persoais/siglas sindicais por enriba do ben común, social e laboral.
En xeral, como foi o comportamento dos sindicatos durante este ERE?
En xeral bastante combativos, sobre todo CGT, CIG e CSIF.
Como che comentaba, UGT tamén deu guerra case ata a metade-final do proceso, que xa abdicaron e optaron pola voluntariedade e pedir indemnizacións. E mentres, USO tivo un perfil mais moderado todo o tempo, CCOO xa mostrou as cartas dende o comezo cunha actitude, canto menos, vergonzosa.
Nas condicións de despedimento hai mellora económica, cal é concretamente? Que supón realmente para unhas traballadoras que sofren unhas condicións tan precarias? Que supón en euros?
A “mellora” é marchar cobrando 30 días por ano traballado cun máximo de 18 mensualidades en vez dos 20 días x 12 mensualidades cós que “ameazaba” TP de botar a xente á rúa.
Atopámonos con casos de todo tipo: xornadas completas, compañeiras de 15-20 anos na empresa, categorías superiores, etc, pero sabemos que a maior parte son de xornadas parciais de 700-900e/mes e con antigüidades inferiores a 10-12 anos, calculamos que poden ter unha media que non chega aos 6000 euros.
Sobre os despedimentos forzosos, observades algunha discriminación ou represión cara á CGT?
Nun primeiro momento si vimos mais afectación en compañeirxs afiliadxs á CGT, tema que estamos revisando.
Tivestes un día de folga, convocado por todos os sindicatos, en contra de este ERE, por certo con un bo seguimento. Dáme a sensación que para UGT, CCOO e USO foi un trámite máis. Así a todo, ademais deste día, que outros xeitos de loita houbo contra o ERE?
Houbo un día, coincidindo cunha reunión, que se fixo concentración na porta do centro de Ponferrada, pero a verdade é que nos faltou mais movemento nas rúas o nos centros de traballo para dar mais visibilidade e ter mais presión e forza ante TelePerformance. Ben por ter multitude de datas cubertas por reunións, asembleas, revisión de documentos, etc. non acordamos mais datas para novas mobilizacións, algo que non debería haber sucedido
O PSG-PSOE promoveu unha proposta parlamentar en apoio aos traballadores de TelePerformance en Coruña para reclamarlle á Xunta de Galicia que “acompañe as 41 persoas despedidas”. Que carallo é isto de que a Xunta acompañe?
Non che podo dicir a que se refiren exactamente, porque mais ala desas propostas e a foto, nada mais se fixo polas persoas afectadas nin se tivo contacto ca empresa nin por parte do concello da Coruña nin da Xunta.
A sección de CGT TelePerformance estatal denuncia que os sindicatos que asinaron o ERE non se presentaron á reunión extraordinaria do comité de TelePerformance en Sevilla. Que pasa? Porque se denuncia isto?
Denunciase a inacción de dúas seccións con representación nun comité de empresa (un cá maioría), cando se supón que están aí tras ter uns votos de apoio do resto de compañeirxs a quenes se representan.
Entendemos que é compatible e necesario o traballo como sección estatal de cada sindicato pero tamén todo o que se poida facer a nivel comité dende cada centro é importante e isto non se fixo en Sevilla.
De feito, tras a firma do ERE, case a metade dxs delegadxs de USO pasaron a ser independentes por “diferenzas” co sindicato.
Finalmente, dades a loita por concluída? Ides seguir coa loita? Como?
Seguimos ca loita ata o final, onde podamos chegar. Estamos revisando todo a nivel sindical e legal para ter todas as opcións enriba da mesa e poder optar pola mellor para todas as compañeiras afectadas.