INTERNALIZACIÓN XA!
Segue a folga na limpeza de Correos
O pasado martes, 24 de Outubro, as traballadoras da Limpeza de Correos en folga dende fai xa dous meses, bloquearon o acceso ao centro postal máis grande do noroeste. A nova correu polos nosos teléfonos xa que así cortaban as rutas ao CTA, Centro de Tratamento Automatizado, o centro loxístico de Correos en Lavacolla, Compostela.
Lourdes, traballadora en folga, que xa contestou as nosas preguntas sobre a folga no número 6 de La Campana, estivo alí. “A pesares da distancia, de mover turnos noutros traballos, collemos o coche baixo unhas inclemencias de tempo moi desfavorables e pese a sufrir amaxofobia, chegamos ilusionadas ao noso cometido. Baixo unha choiva incesante ali estivemos compañeir@s de distintas localidades galegas loitando por un ben común, intentando ser visibles e escoitad@s e sobre todo dignificando o noso sector, un sector moi ninguneado e tan necesario”. Naquel artigo do número 6 de La Campana, ademais de aclarar as circunstancias pola que estaban en folga nun sector tan imprescindible, feminizado e ninguneado, Lourdes botaba en falta “Máis empatía coa xente que o está pasando mal, que estamos vendo que hai pouca por desgracia”. Sen embargo, “nesta ocasión o sentir de tod@s nós era que se respiraba máis apoio e empatía, tanto por parte do persoal de seguridade, xa que tardou moito en chegar a policía ( tamén puido influir que no centro da cidade había unha manifestación de educación) coma por parte dos camioneiros, moitos deles autónomos. En ningún momento se viviu tensión nin nada que se lle parecera, unha concentración pacífica, un bombo, un pouco de lixo, fume rosa e as nosas voces”. Finalmente chegou a policía mentres continuaban impedindo a circulación dos camións e furgonetas amarelos de Correos. “A chegada de un coche da policía fíxonos pensar que todo rematara, pero non foi tal, concedéronnos unha hora máis que nos veu moi ben para deter un total de 40/50 camións retrasando así toda a cadea.” A loita destas mulleres non só causa admiración neste semanario, senón que conforme ao noso convencemento, as loitas dignifican “Voltamos coa sensación de deber cumprido e orgullosas de ser tod@s nós tan loitadores” afírmanos Lourdes.
Quizais dignida-de só sexa unha pala-bra que como precariedade esteamos a utilizalas para xeneralizar e cualificar. As situacións de precariedade e dignidade encerran moito máis do que agora interiorizamos ao lelas ou escoitalas. Incluso, as veces, usar estas palabras banalizan as duras circunstancias nas que viven as persoas. Esta banalización desfaise cando nos achegamos a realidade. Escoitemos a Lourdes “Non creo que Correos pensara nunca que podiamos ter tanta resistencia, pese as dificultades económicas e psicolóxicas que tod@s estamos a sufrir despois de catro meses sen ingreso de nómina e sen caixa de resistencia. Moita xente tirando de Cáritas e axudas familiares, MOI DURO E TRISTE!!!!”. Convencida, segue, “Por moitas pedras que atopemos no camiño, seguiremos ata o final…a unión fai a forza, e unión é o que nos sobra a este grupo de traballador@s”, para finalmente esixir a solución ao seu conflito “INTERNALIZACIÓN XAAA!!!!”
Daniel, secretario xeral do SOV da CGT de Ourense infórmanos que seguen resoltos nesta loita. Así o 17 de Outubro xunto coa CUT e CIG “solicitan al Consejo de Administración de la Sociedad estatal Correos y Telegrafos S.A., S.M.E., la reintegración del personal de Limpieza como personal estructural dentro de la sociedad” No mesmo escrito argumentan que “los servicios de limpieza son una necesidad preferente y que en el convenio colectivo vigente está regulada la figura del personal de limpieza (Peón de limpieza en el grupo V servicios generales)”. Tamén nese escrito falan da empresa concesionaria da Limpeza SCT ACVA SL (limpiezas J. Córdoba) “Ha sido un error mayúsculo el permitir que a una empresa con denuncias por impago se le adjudique un contrato cuya licitación probablemente no cubría ni los costes, existiendo indicios de que no se ha garantizado la solvencia que se debe tener en cuenta en cualquier adjudicación”. Preocupado, Daniel, preguntase “Intereses propios de Correos, un goberno en funcións, un contrato desastroso…Quen contratou a semellante empresa?”
Correos, lonxe de querer resolver o problema, saca unha licitación o 5 de Outubro onde solicita ofertas para a contratación do servizo de limpeza e control de pragas cun orzamento base de 26.254.519,23 euros e un valor estimado do contrato de 31.505.423,32 Euros. O día 20 de Outubro sae publicado que a licitación quedou deserta, aínda que Correos reservase o dereito a licitar novamente a contratación. Así o fai novamente aumentando o diñeiro que recibirá a cambio a empresa adxudicataria nun pastizal. Así o valor estimado do contrato sube a 50.833.948,51 Euros. Para Xan da CGT de Correos na provincia da Coruña non se pode consentir que correos manexe así os cartos públicos. Pois ademais de perder cartos coa anterior empresa adxudicataria, limpezas Córdoba, ademais de que posiblemente teña que facerse cargo dos impagos dos salarios as traballadoras, quere gastar máis cartos aínda en contratar unha nova empresa pudendo internalizar as traballadoras co que aforraría un montón de cartos e resolvería definitivamente o problema. Un claro exemplo de mal gasto dos cartos públicos e da transferencia destes cartos públicos a mans privadas, sen importar as chapuzas que haia que facer nin as consecuencias sobre as traballadoras con tal de enriquecer ao capital privado. De todos xeitos, Lourdes non pode ocultar que “Unha gran lousa sobre os nosos peitos, foi o que sentimos onte mércores día 25 de outubro o recibir a noticia de que a contratación da limpeza en Galiza quedara deserta”. Polo que insiste na solución “INTERNALIZACIÓN XAAA!!!!”
Pola súa parte, Daniel infórmanos que a CGT de Ourense tivo unha conversa con Demetrio Fernández o director territorial de inspección de traballo de Galicia, onde se lles informa que a inspección de traballo de Alicante faise cargo da investigación de limpezas Córdoba.
Á inspección de traballo tamén acudiu a CGT de Coruña como nos informa Xan. Así tiveron unha xuntanza con inspección tras cursar denuncia pola falta de limpeza solicitando “que formule requerimiento subsidariamente a Correos SAE para que tomen medidas ante esta situación que no puede ser mantenida en el tiempo, valorando la paralización de la actividad si fuera necesario” incidindo especialmente “que esto es más urgente y preocupante en los centros de trabajo con una plantilla más numerosa, especialmente el Centro de tratamiento automatizado, CTA, donde trabajan en turnos de 24 horas unas 170 personas”. Nesa xuntanza que foi a tres bandas, CGT, Inspección e empresa, o representante da empresa negouse a entregar un documento onde se estudaban as condicións de limpeza dos centros de traballo polo servizo de prevención a data 3 de outubro. Finalmente días despois Correos é obrigada a entregar ese estudo que conclúe que “de manera muy cercana en el tiempo se pueda considerar que los riesgos existentes pasen a ser considerados como Riesgo Grave Inminente conforme al artículo 21 de la ley 31/1995, paralizándose automáticamente la actividad y notificando la situación a la autoridad laboral”. Por isto, a CGT de Coruña volvese a dirixir a inspección “habiendo concurrido una semana más de conflicto, sin que se haya realizado limpieza alguna en los centros la situación es insostenible. Varias unidades han tenido que inutilizar los baños, observando a compañeros con mascarillas en los centros, nos indican que han tenido que iniciar tratamientos con antihistaminicos por alergias e incluso personas asmaticas que han acudido a urgencias. Tambien se observan derrames de líquidos, papeles, objetos que utilizan las vías de paso, polvo en suspensión, insectos, etc.”. Polo que solicitan á inspección que “decrete el precinto de los centros de trabajo donde la insolubridad es manifiesta. Entendiendo como especialmente grave el CTA y la Oficina Principal de Santiago de Compostela”.
Ata o día de hoxe nin inspección, nin Correos teñen feito nada pola saúde laboral da plantilla de correos. A banalidade das institucións que inutilizan as poucas leis que protexen as traballadoras e traballadores. Banalizan, convertendo as leis en papel mollado.
Lourdes, Daniel, Xan, Iria, Javi e Larri
Iria, da CGT de Correos de Pontevedra corrobora a situación “hai lixo por todos os lados. O chan sucio, pegoñento. O lixo sen recoller e bichos no lixo. Baños inutilizables. Papel por todos lados. Nas tarefas de clasificación, o espazo físico de traballo tamén esta cheo de lixo, tanto o chan como as mesas. Non son condicións saudábeis” A mesma situación cóntanola Javi da CGT de Correos de Ourense “los centros la mayoría estan llenos de mierda, despues de 2 meses de mierda en las oficinas sin limpiar”. Xan, dende Coruña, recoñece que nalgunhas oficinas se limpa non sabe quen ni cando pero non son as traballadoras da limpeza “esta todo o persoal en folga” aclara. Javi dende Ourense bota un pouco de luz “hay compañeros que se han prestado a limpiar y les hemos parado los pies , que yo sepa no se ha mandado limpiar a nadie, pero siempre hay voluntarios y mercenarios de la empresa.” Iria, dende Pontevedra, pola súa parte “na miña unidade Correos non deu orde de limpar nin hai ninguén que limpe. Ademais toda a plantilla estamos totalmente dacordo en que non se pode permitir que se limpe porque sería romper a folga”.
Iria, semella expresar o sentir de todos os traballadores da CGT de Correos en Galiza, e, posiblemente, da CGT galega “Sobra dicir que totalmente de acordo coa folga e que esiximos a empresa que se faga cargo da situación. E que contrate as traballadoras, que deixe de subcontratar. Teñen que ser empregadas de Correos. Toda esta situación non e mais que outro exemplo da precarización que caracteriza a empresa e que abrangue moitos ámbitos competencia dela”. Este sentir que nos move levou a sección sindical da CGT de Ourense a por en práctica unha das estratexias máis efectivas e solidarias na historia do sindicalismo, a extensión do conflito, a solidariedade, “en Ourense, si tenemos convocada una huelga”, nos di Javi. Rexistrada o 26 de outubro, a folga “se llevará a cabo el día 10 de noviembre y será en horario de 12:00 a 14:00” avisan na convocatoria rexistrada. Como tamén de que “la huelga afectará a toda la plantilla de la provincia de Ourense”. A folga promovese “por la insolubridade en los centros de trabajo de la provincia de Ourense e incumplimiento del R.D. 486/1997 sobre disposiciones mínimas de seguridad y salud en los lugares de trabajo”. Así, deixando de banalizar, dándolle sentido e práctica as estratexias e a loita sindical é o xeito que debemos ter na CGT de combater a precariedade para afastala das nosas vidas, non só con palabras que van perdendo o seu significado.