OUTRA VEZ O SAD
Entrevista a Eneida, traballadora do SAD de Vigo
Seguimos con esta serie de artigos e entrevistas nos sectores con máis conflitividade laboral e loita sindical nestes tempos. Nesta semana entrevistamos a outra compañeira, Eneida, delegada LOLS da CGT no comité de empresa de Servisar. Eneida traballa como Auxiliar de Axuda a Domicilio no servizo do SAD do Concello de Vigo concesionado a Servisar.
Dende cando a CGT está presente en Servisar Vigo? E no comité de empresa?
Dende as eleccións do 28 de xuño de 2022. Onde CGT era a primeira vez que se presentaba ás eleccións do comité de empresa, sendo a segunda forza máis votada. CIG 64 votos, CGT 61 votos (1 anulado por estar pintado), CCOO 45 votos, UGT 24 votos. Quedando un comité de 13 delegados sendo 4 delegados CIG, 4 delegados CGT, 3 delegados CCOO, 2 delgados UGT.
A CGT tamén ten presencia no Comité de Seguridade e Saúde con unha delegada.
Levades entón apenas un ano e catro meses de actividade sindical. Pensas que tedes conseguido algúns logros ou avances neste tempo? Cales?
Si, no ano que levamos conseguimos:
– Que a plantilla pasará do 68% de indefinidos ao 76.76% co compromiso da empresa de chegar ao 80% como marca o convenio.
– Se están dando os PIF ( permisos individuais de formación) que nunca antes se dera ningún.
– Se aplicou ben o 5.7 IPC.
– As nóminas agora son claras e cos conceptos regulados por IPC desapareceu o concepto “ a cuenta convenio”.
– Se están subindo as xornadas dos traballadores, segundo se amplían xornadas.
– Minguaron os contratos por cubrir vacacións, dando as horas aos traballadores.
– Que se especificarán as tarefas das auxiliares nos teléfonos corporativos.
– Que se colgarán os Plans de prevención de RLL.
– Aprobouse un plan de uso de grúas feito pola delegada de prevención de CGT.
– Os EPIS se entregarán mais cantidade e sen ser tan contados.
– Que se colguen as actas das reunións.
– Os traballadores están mais informados sobre permisos, adaptación de xornadas…
– Se están facendo os contratos indefinidos segundo dita a lei. Antes tardaban 2 anos en facerte indefinido, agora ao ano xa os fan.
– Os traballadores teñen á sua disposición na oficina un escrito de ampliación de xornada.
– Que o comité se reúna por fin nunha sala disposta pola empresa, antes se reunían na CIG.
Carai!!! Un montón de cousas. Podes explicarnos máis polo miúdo un par de puntos? Que era eso do concepto “a cuenta convenio” e porque é positivo que desaparecera?
Xusto cando correspondía unha subida do 6,5 estabamos na negociación do convenio. As empresas en marzo pagarannos o 3,1 e puxeron “A cuenta convenio” como concepto salarial por se acaso se asinaba o convenio e non tiñan que pagar o 6,5. En decembro pagóusenos xa o 6,5 e os atrasos. Despois a principios de xaneiro deste ano 2023, pedimos que se quitara ese “A cuenta Convenio” pero non quixeron. Conseguimos que inspección de traballo nos dera a razón e que se puxera a cada concepto a cantidade que tiña que ser, no salario base, antiguidade, pluses…
Penso que estes dous poden estar relacionados. Corríxeme se non estou no certo. Que minguaran os contratos de vacacións dando as horas as traballadoras e que se están subindo as xornadas das traballadoras, segundo se amplían xornadas. Penso que estas son consecuencias de aplicar correctamente o convenio. Pode ser? Podes explicalo?
No convenio ven que as vacacións e as baixas teñen que ser cubertas por persoal que xa está en plantilla. Conseguimos que se cumprira. As ampliacións de xornada é un punto diferente no sentido de que se tiñas, por exemplo, un contrato de 30 horas e despois viña un alta de usuario, dábancha e poñíanche esa alta como hora extra.
No convenio di que teñen que metercha no contrato. Conseguimos que cha metan no contrato como ampliación de xornada.
Que importancia ten que se usen os teléfonos corporativos para especificar as xornadas?
Pois ten moito beneficio porque basicamente as variacións de xornada as miras no momento. Ao estar rexistradas podes reclamar que non son legais e non vas facelo. Antes, cun papel era un cristo! Tamén se tes calquera incidencia queda rexistrada, cousa que nun papel pode desaparecer. Ata onde sabemos nós estas incidencias van ao concello, así o Concello ten constancia. Despois, se xustifica cando fichas a entrada e a saída. Si que é verdade que moitos usuarios se queixan de que a auxiliar saíu antes e resulta que non é así.
Paréceme que a maioría de estas cousas son facer cumprir o convenio. Como pode ser isto? Como é que ata agora non se cumpría o convenio e ten que chegar CGT para que comece a cumprirse? Que explicación lle das a isto?
Non temos unha resposta clara. Cando nos presentamos ao comité de empresa, unha das cousas que pretendíamos era que se cumprira o convenio. Os outros sindicatos alegan que si se pelexaban coa empresa para que se cumprira pero a súa vez non se estaba a cumprir. Non tiñamos información de dereitos do convenio, non sabiamos de permisos e non os pediamos porque non os sabíamos, non tiñas acceso aos protocolos. Eles alegaban que si informaban pero nos non miramos esa información en ningún momento. Cando entramos no comité dáste conta que non só es ti, que hai moita xente desinformada. Cando entramos no comité, CIG, CCOO e UGT fixeron unha unión para ir en contra de nós. As primeiras reunións foron horribles, malas contestacións, aquí faise o que quere a maioría… Cando foi que CCOO e UGT querían asinar o convenio que nos vendía totalmente, as da CIG romperon entón esa alianza. Agora tanto CCOO como CIG tentan achegar posturas cara nós. Agora, por exemplo, aceptan as correccións das actas do comité que antes non nos aceptaban. Tamén comezamos a actuar como sección sindical en vez de como comité, xa que non había unión, había unión entre CIG, CCOO e UGT!. Ao ir conseguindo nós as cousas, agora está a cousa máis relaxada e a presidenta nos ten en conta, enseguida nos chaman…
Tedes un convenio caducado dende 2012, 11 anos!!!. Se non lembro mal fai un ano ou así, incluso houbo unha folga para rexeitar un preacordo de convenio asinado por CCOO e UGT. Como vos afecta ter un convenio tan desactualizado? Como está a situación agora, se está negociando o convenio?
O convenio, si leva caducado 11 anos. En novembro do ano pasado a CIG convocou unha folga en contra do novo convenio que se iba a firmar por parte de CCOO e UGT. Que se firmara aquel novo convenio era un atraso. Económicamente nos deixaba moi atrás xa que se puña que en 2022 cobraríamos a subida do 6.5IPC pero nos 4 anos seguintes a subida sería do 1%. Se nos daría unha paga de compensación pero era progresiva no tempo, e se entraba unha nova concesionaria empezaba de cero. Dende a CGT varios afiliados e delegadas achegámonos ata as asembleas da CIG e propuxemos, alí nas reunións, manifestacións conxuntas ao que a CIG díxonos que nanainas, que eles facían as súas eles, que poñernos de acordo sería moito lío e atrasaría a cousa. Un dos altos cargos da CIG díxonos que se queríamos facer a folga que a fixeramos, e que a próxima vez cando nos afiliaramos a un sindicato tiñamos que ter en conta ao sindicato que “cubría” as delegadas e afiliados. Que nos saibamos a negociación do convenio quedou parada e ata o memento sigue así.
En parte o problema do convenio non é que estea desactualizado, é que é moi ambiguo, deixa moitos temas a interpretación da persoa.
E finalmente. Mirando ao futuro. Que plans tedes como Sección Sindical? E como CGT?
Como sección sindical e como CGT os plans son:
– Conseguir que nos concellos fagan cumprir ás empresas o convenio.
– Que a nosa profesión sexa mais visible, porque nin código na Seguridade Social temos.
– Municipalización do noso servizo, xa que somos un servizo social.
– Que se nos dé un plus ao persoal que pomos o coche, xa que saímos perdendo xa que sae do noso bolsillo o mantemento do coche e os km da túa casa ao primeiro domicilio, e viveversa, non pagan. O problema e que aproveitan que tes coche para mandarte o quinto inferno. E se tes un accidente, que non sexa grave ou un rascazo, ou calquera cousa, a contestación que che dan é “hay buses, ou podes ir andando”. A zona azul só a pagan se reclamas, senón corre da tua conta, non che avisan que no convenio di que eso teñen que págalo eles.
Ah!!!…comenta agora calquera cousa que non falaramos e que consideres relevante.
O que nos parece relevante é que tanto o concello como as empresas nos ven/venden máis como un servizo de limpeza que un servizo de atención ás persoas. De feito, se refiren a nós moitos usuarios como “la chica que me viene a limpiar” o “ la señora de la limpieza”. As empresas non nos coidan. En Vigo temos un servizo de fisioterapia de 30h para 509 aux., as veces cárgannos con moitas horas de traballo, exixen dispoñibilidade pero non a pagan, non nos informan dos permisos que temos….e así moitas cousas mais. Empatía cero coas traballadoras/es.