VII Época - 16

CGT CONSIGUE NOS TRIBUNAIS OS GASTOS DO TELETRABALLO NO SECTOR DE TELEMARKETIN

En el sector de telemarketin, CGT consigue nos tribunais os gastos de teletraballo dende 2020. Finalmente, CGT consigue este dereito que as corporacións sindicais, UGT e CCOO, asinantes do Convenio Colectivo arrebataran aos traballadores e traballadoras do sector coa sinatura do convenio. Nun comunicado da CGT TELEMARKETIN anunciase para por en coñecemento de todas as traballadoras e traballadores do sector que catro compañeiras da CGT de Cantabria abren o camiño ao ser as primeiras en gañar a retroactividade no pago dos gastos de teletraballo dende marzo de 2020 ata a actualidade, e non só dende outubro de 2022 como desvergoñadamente pactaron coa patronal CCOO e UGT.

Para a CGT de telemarketin é de xustiza que despois do esforzo realizado polas traballadoras e traballadores durante a situación de pandemia e correndo do peto das propias traballadoras e traballadores, abonaranse eses importes que foran negados ao asinar un convenio colectivo que contradí a lei do teletraballo facendo que a retroactividade no pago fose só dende novembro de 2022 e cuns importes de risa que non cobren gastos nin de lonxe.

Polo expresado no comunicado semella que polo de agora a patronal do sector non vai aceptar este dereito e terá que ser cada traballadora ou traballador quen teña que reclamalo polos tribunais. Así, a CGT de Telemarketin considera que é complexo pero que hai que pelexalo polo que animan a todas as traballadoras e traballadores de telemarketin a reclamar eses importes mediante demanda a través da CGT xa que só así poderán recuperar o diñeiro gastado ao poñer as súas casas e medios particulares a disposición das empresas.

Fonte: CGT Telemarketin

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *