VII Época - 31

ESCALADA DA CONFLITIVIDADE LABORAL

Dende que inauguramos esta VII época de La Campana, vimos observando un aumento da conflitividade laboral que, aínda que moi insuficiente, é unha reacción á ofensiva patronal que segue aumentando para afundir a clase obreira na precariedade e exclusión. Unha ofensiva que viña sendo un “camiño de rosas” debido, entre outros factores, á complicidade das corporacións sindicais maioritarias, á desarticulación da clase obreira e ao abandono dos obxectivos finalistas, por outros inmediatos, do movemento sindical e social combativo. Pode ser este aumento da conflitividade un síntoma primixenio dunha resposta social contra a opresión e o recorte de dereitos e liberdades que padecemos?

Por outra banda, dende o 7 de outubro, a kuffiya, ese símbolo de resistencia, esta saíndo as rúas de todo o mundo ininterrumpidamente e protagonizando numerosos actos de insubordinación, sabotaxe, resistencia pacífica e armada e tamén cuestionando, como facía moito tempo que non se cuestionaba, o sistema que padecemos como resultado do reparto do pastel dos vencedores da Segunda Guerra Mundial. Estes 6 meses de mobilización constante e mundial poden ser unha circunstancia, unha condición, para volver a poñer o foco nun triunfo da humanidade? É a causa Palestina a causa da humanidade?

Vexo como ao meu redor elúdese a resposta, vexo como á CGT, ou parte dela, retarda aliñarse coa clase obreira palestina que ven chamando dende fai xa meses á clase obreira mundial para que faga uso das ferramentas que conquistou na súa loita sobranceira: a solidariedade e a folga. Todos os argumentos para eludir o compromiso amosasen fatuos en comparación ao prezo que está a pagar o pobo palestino na súa loita pola liberdade coa súa exemplar, digna e heroica resistencia. Convén recuperar as palabras para quen realmente o merece.

Sen embargo, estas páxinas de La Campana adicadas a conflitos colectivos tentan xirar ao redor da conflitividade laboral polo que imos quedarnos coa dignidade que amosa a clase obreira da CGT nese aumento de conflitividade que vimos observando.

E comezamos con dous conflitos que ocuparon estas mesmas páxinas dos dous últimos números de La Campana e lles dan continuidade . O primeiro protagonizou unha manifestación en Barcelona o pasado venres 5 de Abril. Co lema “Por un comercio humano, contra a dixitalización desapiadada” recorreuse con éxito de participación as rúas de Barcelona con paradas nas tendas de Zara e H&M. “A manifestación busca poñer de relevo a crecente disparidade na distribución dos beneficios xerados pola dixitalización e automatización ante o incremento da produtividade e mellora da eficiencia nas empresas como H&M e Inditex, así como resaltar a ameaza que a automatización representa para os sectores laborais maioritariamente feminizados” afirma a Federación Estatal de Hostalería, Alimentación e Comercio da CGT, convócante da mani. Ademais resaltan que “Nun panorama onde as empresas buscan maximizar os seus beneficios a través da dixitalización, os traballadores enfróntanse a unha precarización laboral cada vez máis alarmante e unha distribución inxusta dos beneficios. H&M, por exemplo, experimentou un incremento do 123% nos seus beneficios netos no último trimestre, mentres anuncia despedimentos masivos e peches de tendas a nivel mundial. Mentres tanto, INDITEX pechou o seu exercicio fiscal como o mellor ano da súa historia, superando os 5.000 millóns de euros de beneficio e rozando os 36.000 millóns en ingresos, con todo, estes logros non se ven reflectidos da mesma forma nas persoas traballadoras do Grupo”. Neste sentido concretan que “a CGT mostra o seu firme apoio ás traballadoras de H&M Atención ao Cliente en Barcelona”, que enfrontouse a despedimentos e cambios substanciais debido ao proceso de dixitalización como xa informamos no anterior nº 29 de La Campana “CGT convocou sete xornadas de folga durante o período do Nadal, cunha gran participación entre o persoal, para loitar contra precariedade… CGT convocou unha folga indefinida a partir do 25 de abril debido á negativa de H&M de atopar solucións aos problemas das traballadoras”. Pola súa parte en Inditex “É crucial destacar a urxente necesidade de implementar subidas salariais e mellorar as condicións sociais para as traballadoras tanto nas tendas como nos centros loxísticos de INDITEX. Especialmente preocupante é a situación nos centros loxísticos de INDITEX en TEMPE (Alacant) e Plataforma Europa (Zaragoza), onde as mesas de negociación non reflicten unha resposta adecuada ao extraordinario éxito financeiro do grupo INDITEX”. Non esquecen as compas engadir un apunte finalista á convocatoria “Esta manifestación é só unha das moitas loitas que enfrontamos contra o sistema actual, nun esforzo por desmercantilizar esa mercadoría tan particular que é o traballo, e como unha ferramenta emancipadora para as persoas”.

En segundo lugar, tras máis de tres décadas de paz social, o 22 de marzo os persoais do sector bancario secundaron masivamente a folga convocada pola CGT e outros sindicatos cun seguimento do 75,8% dos aproximadamente 80.000 traballadores convocados en todo o estado. Tras este éxito a Federación de Banca, FESIBAC, da CGT manifestou que “A partir de agora, ábrese outra fase da negociación na que a banca debe baixarse do seu pedestal e empezar a asumir que ten que cambiar de maneira radical a súa actual actitude intransixente. Os persoais deixamos atrás os nosos medos e iso xa non ten marcha atrás. Secundada unha, secundadas dous, tres….”

Tamén dende a FESIBAC anuncian a convocatoria de 7 días de folga na consultora DXC. Segundo o primeiro comunicado “A maioría sindical no grupo DXC decidiron convocar 7 días de folga. Están convocadas a totalidade das 7500 traballadores e traballadoras do Grupo. A causa é a nula resposta da empresa á perda do 17% de poder adquisitivo nos soldos, que soportamos desde 2020, o equivalente a dous meses de salario anual”. Os días convocados son 21 e 22 de marzo, coincidindo coa folga no sector de banca e o inicio de período de semana santa, o que pode dificultar a resolución de incidencias motivadas pola folga. 29 e 30 de abril, coincidindo con procesos de fin de mes. E 3, 4 e 5 de xuño, xuntándose inicio de mes e maior número de consultas de Help Desk. As mobilizacións están a facerse en Zaragoza, Sabadell, Barcelona, Girona, Avilés, Madrid, León e a Coruña. O seguimento durante os dous primeiros días de folga foi do 70% do persoal e provocou incidencias en empresas como RENFE, NATURGY, CaixaBank ou Banc Sabadell para as que a multinacional DXC presta os seus servizos informáticos a través de grandes operadores. Todo isto a pesar da vulneración do dereito de folga exercido pola multinacional coa desviación dos servizos a outros paises.

A conflitividade tamén afectou estes últimos días ao sector público. Así, a totalidade das traballadoras e traballadores do Concello de San Fernando de Henares secundaron dúas xornadas de folga, o 3 e 4 de abril porque “o equipo de goberno de San Fernando de Henares recorta persoal, privatiza servizos municipais e coa escusa dunha nova Relación de Postos de Traballo pretende recortar os soldos das categorías máis baixas para contratar postos a dedo con soldos de ata 90.000 euros”. Así mesmo denunciaron nun comunicado que “Desde as 7 horas da mañá, concelleiros, concelleiras e cargos de confianza política, dedicáronse a abrir ao público os centros municipais cuxo persoal estaba a exercer de maneira unánime o seu dereito á folga. Deron con iso un novo significado ao concepto de esquirol”.

En Catalunya a sección sindical da CGT na empresa Ivemon Ambulancias Egara, convocou unha folga indefinida no sector. Aínda que como din nun comunicado “sobran os motivos” explican á cidadanía que “Egara, empresa de ambulancias adxudicataria de tres lotes (Lleida, Campo de Tarragona e Terras do Ebro) ao último concurso público de transporte sanitario, urxente e non urxente, despediu a unha cincuentena de compañeiras e compañeiros en só tres meses, e fíxoo de maneira improcedente e buscando engordar aínda máis os beneficios que obteñen coa prestación, precaria, deste servizo público básico para a cidadanía. E isto fíxoo a pesar da sobrecarga de traballo”. O comunicado explicativo lembra á cidadanía ás consecuencias máis inmediatas destas actuacións patronais “Esta situación, xunto con outras irregularidades por exemplo que se prioricen servizos privados ante servizos contratados polo CatSalut, derivan nunha precarización crecente, e repercute negativamente nas usuarias e os usuarios”.

O Comité de Empresa de IVECO Madrid convocou aos seus 3000 traballadores a varias xornadas de folga para o mes de abril tras máis de 25 anos sen convocar ningunha pola negociación do convenio de empresa. A plataforma empresarial foi cualificada como “falta de respecto e un desprezo aos traballadores … consistindo a mesma nun recorte de dereitos en todos e cada un dos seus puntos e ofrecendo unha subida salarial do 1% nos anos 2024 e 2025, algo totalmente afastado dos beneficios obtidos nos 3 últimos anos polo Grupo Iveco e que ascenden a case 600 millóns de euros, récord histórico do grupo”. O calendario de folga e mobilizacións, dividido por quendas, comezou o pasado venres 5 de abril e ten continuidade, polo de agora, ata o martes 30 de Abril.

Pola súa parte, a Sección sindical de CGT presentou unha folga á Filial de AXA interpartner, para todos os seus empregados en Barcelona, Madrid e Murcia, para os xoves 28 de marzo en Barcelona, domingo 31 de marzo en Barcelona, Madrid e Murcia e o luns 1 de abril en Madrid e Murcia, así como folga parcial de 2 horas, todos os venres e sábados durante todo o mes de abril. CGT reclama á empresa “unha mellora salarial, o redimensionamento dos departamentos en busca dun equilibrio sobre as cargas de traballo, a negociación colectiva fronte á redución do teletraballo recuperando o día que a empresa quitou, a despenalización do absentismo dentro dos obxectivos trimestrais, eliminar a monitorización das chamadas polas que se penaliza aos empregados sobre os seus obxectivos por usar termos lingüísticos non aceptados pola empresa aínda logrando a satisfacción do cliente na chamada, equiparar o prezo da hora complementaria coas horas extras, tendo en conta que a maioría das xornadas parciais téñenas mulleres con cargas familiares e a eliminación das gardas”.

O 2 de abril comezaron os paros, de dúas horas por quenda, na Factoría de Carrocerías de Renault Valladolid. A empresa anunciou unha modificación substancial das condicións de traballo nas que se van a perder máis de 200 postos de traballo na devandita factoría. Desde o ano 2017, na que estaban a traballar a catro quendas, ata a actualidade, coa modificación anunciada, queren quedar con dúas quendas. A CGT vai loitar para que non se quite a terceira quenda e anuncian “reunións co grupo municipal no concello, Valladolid Toma La Palabra”.

Máis preto de nos, na Coruña, as compas da CGT en ABAI plántanse fronte o terrorismo patronal de ABAI e MOVISTAR os vindeiros días 11 de abril, cunha concentración diante da tenda de MOVISTAR na praza de Pontevedra ás 12:00 horas, e o 17 de Abril, nunha xornada de loita coa convocatoria dunha folga de 24 horas e unha manifestación ás 19:00 dende o edificio PROA. O obxectivo destas mobilizacións é “frear a continúa agresión contra todos os postos de traballo e as condicións de todos os compañeiros e compañeiras” como podemos ler nun comunicado emitido polo comité de empresa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *