O COMITÉ DE EMPRESA DE COMPONENTES AERONÁUTICOS CONVOCA FOLGA
O Comité de Empresa de Componentes Aeronáuticos COASA (Parque tecnolóxico de Galicia – San Cibrao das Viñas, Ourense), presidido pola CGT, ven de convocar unha folga para os vindeiros días 13 e 14 de xuño. En caso de non chegar a ningún acordo a folga continuará os martes e xoves de todo o mes de xuño. Empresa e Comité de Empresa levan dende outubro de 2023 negociando unha mellora do Convenio de Químicas.
A última mellora acordada polo Comité anterior é de 2016, que quedou paralizada entre outras cousas pola COVID, pero agora que o sector aeronáutico crece, as traballadoras e traballadores de COASA esixen melloras, sobre todo económicas, xa que a perda de poder adquisitivo dende o 2016 según o INE foi de máis de un 20%. Dende o Comité de Empresa nin sequera piden que se iguale ese 20%, pero si que parte da subida salarial sexa consolidable, tamén se pide que as persoas con máis de 10 anos de experiencia e altamente cualificadas teñan un recoñecemento económico xa que no convenio de químicas a antigüidade está conxelada dende hai anos.
Estas son parte das reivindicacións dunha plantilla que se considera maltratada dentro do grupo Aernnova, plantilla que leva “arrimando o ombro” dende que COASA abriu as portas e que cada poucos anos ten que entrar en conflito para poder crecer un mínimamente. O pasado 28 de maio a empresa presentou unha proposta sendo rexeitada polo 80,4% da plantilla.
A folga coincidirá co VI Congreso internacional aeronáutico y espacial (CIAG) que se levará a cabo na cidade de Ourense. Entre as persoas que achegarán a ese congreso, que tamén inclúe unha visita as instalacións de COASA, estarán Enrique M. Mallón (Presidente, Consorcio Aeroespacial Galego), María Jesús Lorenzana (Conselleira de Economía e Industria, Xunta de Galicia), Gonzalo P. Jácome (Alcalde de Ourense), Alfonso Rueda (Presidente da Xunta de Galicia) ou Jordi Hereu (Ministro de Industria y Turismo, Goberno de España).