POSICIÓN, ACCIÓN E ACERTO!!!
Achégase a Conferencia Sindical da CGT, o órgano confederal de debate e decisión de toda a organización, entre congresos, para os temas de índole exclusivamente sindical. Alí participamos directamente, a través da nosa delegación, os sindicatos. Esa delegación elíxese na asemblea previa que cada sindicato está obrigado a realizar, tanto para elixir esa delegación entre toda a afiliación, como para definir a posición do sindicato respecto ás ponencias e cada un dos puntos a tratar. O SUTSO de Pontevedra celebrará esa asemblea o vindeiro 14 de outubro as 20:00.
A Conferencia Sindical é moi importante para cada sindicalista da CGT, pois alí tentase chegar a un análise da situación laboral e a acordar posturas, reivindicacións, campañas ou accións comúns con acerto.
Dende estas páxinas de La Campana vimos informando das diferentes situacións e conflitividades, non so da nosa confederación, senón tamén sociais. E sobre todo vimos informando das diferentes loitas que xeran tanta inxustiza e desigualdade.
Un dos temas que se vai tratar na conferencia é o da saúde laboral. Cada mes, os datos son máis intolerables. Se no primeiro semestre de 2024 producíronse 360 mortes no traballo, as mortes disparáronse no mes seguinte, 435 persoas traballadoras morreron durante os sete primeiros meses de 2024. Isto supón máis de 2 persoas mortas ao día por causas laborais e 36 falecementos máis que no mesmo período de 2023. Tamén subiron con respecto ao ano pasado os accidentes graves. En concreto, 25 accidentes graves máis en xornada e 87 in itinere. No período de xaneiro-xullo 2024, o número de accidentes de traballo con baixa foi de 364.144, mentres que o de accidentes de traballo sen baixa foi de 321.678. Comparando as cifras co mesmo período do ano anterior, os accidentes con baixa experimentaron un aumento do 1,0 % e os accidentes sen baixa, unha diminución do 2,0 %. Dentro dos accidentes con baixa, producíronse 314.027 accidentes en xornada de traballo e 50.117 accidentes in itinere. A variación en relación ao mesmo período do ano anterior situouse en 0,4 % para os accidentes en xornada e no 4,7 % para os sinistros in itinere. En canto aos 314.027 accidentes con baixa en xornada, 2.186 foron graves e 353 accidentes mortais. Comparando estes datos cos do mesmo período do ano anterior, producíronse 25 accidentes graves e 21 accidentes mortais máis. E, con respecto aos 50.117 accidentes con baixa in itinere, 619 accidentes resultaron graves e 82 accidentes foron mortais. Comparando estes datos cos do mesmo período do ano anterior, producíronse 87 accidentes graves e 15 accidentes mortais máis.
Doutra banda, e respecto aos accidentes de traballo ocorridos por exposición a altas temperaturas durante a xornada laboral, cabe indicar que ata xullo rexistráronse 68 casos por calor e insolación e 60 por efectos das temperaturas extremas, luz e radiación, todos eles cualificados como leves. Existe unha infradeclaración deste tipo de accidentes, de feito, temos coñecemento de polo menos dúas mortes por golpe de calor durante o mes de xullo. A gran parte dos accidentes de traballo con baixa en xornada están causados por sobreesforzos do sistema musculoesquelético, traducidos en dislocacións, escordaduras e luxacións. En canto aos accidentes de traballo mortais, a maior parte deles están orixinados por infartos e derrames cerebrais.
Esta lacra é invisibilizada e a maioría dos traballadores a descoñecen polo que sen dúbida é un tema importante a debater en todos e cada un dos sindicatos para loitar contra esta agresión as nosas vidas. Como sempre, temos que ser nos mesmos, a clase obreira, quen atalle esta situación ante a evidente ineficacia das leis sobre saúde laboral por moi progresistas ou modernas que sexan.
Outro tema a tratar na Conferencia sindical é o da Intelixencia Artificial e as consecuencias da súa implantación nas empresas e no laboral. A Sección Sindical de CGT do Centro de Atención ao cliente de H&M en Barcelona testemuñou nestas páxinas os perigos, xa non da Intelixencia Artificial, senón da dixitalización:
“La plantilla lucha contra las consecuencias del proceso de digitalización agresiva que la marca sueca ha emprendido a nivel global. En el departamento de Atención al Cliente y la organización detrás del mismo, esto ha significado modificaciones de puestos de trabajo y decenas de despidos de trabajadores, que han sido reemplazados por programas informáticos, pero también graves problemas en la conciliación personal, provocados por sistemas de control de tiempos y gestionados en buena parte por algoritmos inhumanos. Estos cambios generan beneficios a H&M, pero afectan enormemente la salud laboral de las pocas personas que aún están contratadas y que están al otro lado del teléfono, las cuales están condicionadas durante toda su jornada laboral a dar respuesta y atención a los clientes con tiempos completamente limitados y por encima de la calidad acostumbrada. El nivel de absentismo aumenta, así como lo hacen las bajas voluntarias de personas hartas de ser exprimidas por una empresa deshumanizada.
En la cadena de producción, esta automatización ha provocado más problemas. En las fábricas, grandes máquinas están siendo introducidas y genera una pérdida de empleo principalmente feminizado. Estas máquinas son ahora operadas por hombres y las mujeres reemplazadas quedan fuera del mercado laboral en países donde ya es muy complicado de por sí para las mujeres.
En logística, los robots han mejorado la salud laboral, disminuyendo los accidentes, pero reemplazando a un gran número de personas trabajadoras.
En tiendas, las máquinas de auto pago sustituyen compañeras, y las taquillas automatizadas permiten que una persona entre a recoger o devolver un pedido de la tienda online sin tener que hablar siquiera con una trabajadora”.
Estas traballadoras realizaron unha folga indefinida que durou 97 días e que finalizou o 30 de xullo tras ratificar un acordo acadado entre CGT y H&M coa mediación da Consellería de Treball. Este acordo foi cualificado como unha “vitoria sindical” e permite recuperar o poder adquisitivo e equipara beneficios sociais entre o persoal.
Nun comunicado final declarouse que: “Aplicarase unha subida salarial lineal que significará un aumento anual dun 9.75% á categoría profesional de máis baixa remuneración, consistente nun aumento de 2139,60€ anuais consolidados. O acordo inclúe unha subida de 160€ brutos mensuais ao que hai que sumar o 1% que se aplicou ao comezo da Folga por parte de H&M de forma unilateral.
En canto a beneficios sociais aplicarase un día extra de vacacións á categoría profesional na que están incluídos os axentes de atención ao cliente, equiparando este beneficio ao que se ofrece aos responsables do servizo.
H&M xa aplicou durante o camiño á Folga o acceso ao seguro médico privado, tamén exclusivo para as categorías máis altas, para todas as persoas traballadoras con tres anos de antigüidade que o soliciten e aumentou a porcentaxe de días de libre elección de prestación presencial para as persoas que opten ao traballo a distancia, mellorando a conciliación da vida persoal e laboral”.
Que a loita é o único camiño tamén déixano moi claro os traballadores de SECOMSA, empresa pública de recollida e tratamento de residuos do Baix Camp da provincia de Tarragona. A folga indefinida en SECOMSA, tivo unha afectación moi importante no día a día da comarca, especialmente en canto á recollida de contedores e refugallos particulares. Un número importante de concellos da comarca encargaron ás brigadas municipais a retirada de residuos. Tamén houbo os seus mais e os seus menos cos Mossos d’Esquadra. Sen embargo o 26 de setembro e tras 25 días de folga indefinida acadaron unha «Victoria histórica». Os traballadores conseguen a xornada laboral de 35 horas, renovación da frota, tres días máis de asuntos propios, subida salarial, plus de antigüidade e o compromiso de asinar o novo convenio no período de tres meses
Os principais puntos do acordo acadado, son: a redución da xornada laboral semanal a 35 horas a partir do 1 de xaneiro de 2025, unha subida salarial do máximo legal permitido e un incremento do plus de antigüidade. Ademais, ampliaranse os días de asuntos propios de 6 a 9. Tamén se pactou a renovación da frota e un novo plan de mantemento dos vehículos e da maquinaria, unha das principais demandas relacionadas coa saúde laboral. Un primeiro acordo que haberá que ampliar proximamente na negociación do novo convenio da empresa, que se acordou renovar nun período de 3 meses.
Para Ignasi Risalde, delegado de CGT en SECOMSA, este acordo demostra que “a folga foi a ferramenta que forzou á empresa para negociar” despois de 20 meses de bloqueo por parte da dirección. Unhas negociacións duras que acabaron con “unha mellora moi importante das condicións de traballo de todo o persoal”.
Desde a Federación Comarcal de CGT Baix Camp-Priorat cualificaron o acordo e a loita como “exemplar para todo o Campo de Tarragona” e apuntan que sería imposible sen a unidade do persoal e a solidariedade de outros colectivos mediante as caixas de resistencia e de solidariedade. “Sabemos que defender os dereitos laborais do persoal é garantía de defender e mellorar os servizos públicos ante a ameaza privatitzadora” e “sen conflito non hai vitorias”, sentenciaron desde o sindicato. Ademais, apuntan que este é só o principio dun ciclo de loita para conseguir máis melloras laborais.
Esta sentenza “sen conflito non hai vitorias” terá que estar moi presente tanto na asemblea do SUTSO previa a Conferencia Sindical como na propia Conferencia pois as cousas cámbianse coa nosa acción e non só coa nosa posición. Nese sentido, o último punto a tratar na Conferencia Sindical, a elaboración dunha táboa reivindicativa da CGT, adquire moita importancia para desenrolar a loita con acerto.