OUTRA MANOBRA PARA ENTRETER E DESGASTAR COA REPRESIÓN
Este sábado 5 de outubro saímos para Lugo uns militantes da CGT de Pontevedra para secundar o chamado da Rede Galega Pola Palestina onde vimos participando dende o seu nacemento. Fomos recibidos no Centro Social A Hedreira que brindou o seu espazo para organizar a acción e alí topámonos con compas de distintos colectivos de apoio a Palestina de Ourense, Coruña, Compostela e por suposto de Lugo. As 7 da tarde dirixímonos á Porta de Aguirre da muralla lucense. Mentras uns quedaban enriba da porta outros quedaban na rúa que a atravesa. Neses momentos, camiñaba ao redor moita xente porque Lugo celebraba a súa festa máis grande, e posiblemente tamén de Galicia, o San Froilán. Comezou a acción soando sereas e bombas ao tempo que dende enriba da muralla descolgábanse fileiras de roupa ensanguentada. Ao son das bombas máis de 50 persoas foron tirándose ao chan, simulando un bombardeiro. Todo isto provocou que os camiñantes interromperan os seus pasos e curiosearan o que estaba pasando. Tras 5 minutos de bombardeo comezou a soar a canción “Libre Palestina” que foi a sinal para que as persoas que estaban no chan ergueranse e comezaran a axitar as kufiyas e berrar Palestina vencerá. Dende o alto da muralla descolgouse unha bandeira Palestina xigante e prendéronse bengalas cos cores da bandeira. Os berros e cánticos foron acompañados por moita da xente que tropezouse con este acto performativo. Durante todo o acto repartíronse 764 octavillas. 764 foron as octavillas necesarias para escribir os nomes das crianzas entre 0 e 2 anos, das que se ten constancia, asasinadas por Israel na franxa de Gaza. Pola volta da octavilla figuraba o cartaz da Rede Galega Pola Palestina chamando a acudir a manifestación do día seguinte, 6 de outubro, en Compostela.
O domingo, antes da hora sinalada para o comezo da manifestación, as 12:00, fúmonos xuntando con outros militantes da CGT de Pontevedra e dos distintos colectivos que veñen participando ou apoiando á Rede Galega Pola Palestina. Situándonos detrás da faixa da Rede integrámonos na cola da manifestación como un bloco. Percorrimos as rúas de Compostela con plena conciencia de estar nun acto reivindicativo. Sorprendémonos cando a equipa de seguridade da manifestación redirixiunos cara a adxacente, e máis pequena, Praza das Praterías en vez da Praza da Quintana onde remataba a manifestación. Ao chegar á Praza das Praterías e comprobar que xa se dera por rematada a manifestación, despregamos as faixas e leuse o comunicado da Rede Galega Pola Palestina.
De seguido, algúns militantes continuamos xuntos polas rúas de Compostela seguidos dun furgón policial e unha ducia de policías a pé. Ao chegar ao Burgúer King entrouse no local e expresouse o rexeitamento a esta cadea multinacional por apoiar ao exercito israelí acusándoa de cómplice do xenocidio. Mentras tanto, fora, íanse acumulando furgóns da policía nacional. Unha vez que foron suficientes e sen previo aviso, entraron pola forza no local do Burguer King desaloxando á xente que estaba dentro a empuxóns e porrazos empregando unha forza desproporcionada coa situación e conseguindo que o local se desaloxara sen resistencia inmediatamente. O malestar coa cadea internacional de comida lixo e o chamado ao boicot seguiu expresándose na rúa. Mentras tanto seguían chegando mais furgóns e ían tomando posicións. Pasado un tempo sen ningún incidente recolleuse á faixa e comezouse a abandonar a rúa. Foi entón cando ao pasar por detrás dos furgóns policiais que formaban un funil e ocultaban a visibilidade, uns policías asaltaron as persoas que abandonaban o lugar e agarraron, empuxaron, pegaron e inmobilizaron violentamente nunha acción totalmente innecesaria excedéndose e sobrepasando as atribucións que teñen encomendadas polo estado. O resultado foron 5 persoas detidas e 2 persoas que tiveron que acudir ao hospital polos golpes recibidos. A forza empregada puxo moi nerviosas as persoas que contemplabamos este abuso e esta actuación tan inxusta como desproporcionada. Moitas expresaron a súa impotencia ante tal atropello á vez que rabiaban pola impunidade coa que se practicaban estas detencións ilegais.
Como non podía ser doutro xeito, uns compañeiros dirixíronse á comisaría a expresar a súa solidariedade coas persoas detidas. Mentras agardaban novas dos detidos a policía volveu repetir accións innecesarias e abusivas dando como resultado 4 persoas detidas máis. En total 9.
No momento de pechar esta crónica 4 persoas das 5 primeiras detidas saíron da comisaría mentres as outras 5 permanecían nela. Agardando que unha vez solten a todas e revelen os cargos e datas de xuízos, argallase o xeito de facer público este abuso e presionar ás institucións para que sexan xustas. Non por saber que non o son hai que deixar de facelo.