ALGÚNS SINTOMAS, ACHEGADOS, DA DECADENCIA DO PACTO SOCIAL
Os compañeiros de correos, onde existe sección sindical en Pontevedra, convocan folgas e mobilizacións ante o grave perigo para os traballadores que supón a negociación para incluír o Acordo Marco no actual III Convenio Colectivo. Esta artimaña, da dirección de Correos, acordada e asinada o 31 de decembro do ano pasado polo que conta coa conformidade de CCOO, UGT, SL e CSIF, propón unha revisión de case a totalidade do convenio, modificando as condicións da xornada laboral, das vacacións, retribucións e a clasificación profesional. O devezo é reducir persoal de maneira drástica e flexibilizar as condicións de traballo: proponse a mobilidade funcional, xeográfica, retribucións variables, cambios de quenda, xornadas variables á carta e todo iso sen ruborizo algún por parte dos asinantes do Acordo Marco. Un comunicado emitido polo Sindicato Federal de Correos denuncia que “Este Acuerdo también supone considerar que las culpables de la situación de Correos son las trabajadoras. Las que cumplimos con nuestra obligación de trabajar, somos las culpables de la desastrosa gestión que se ha realizado y se sigue realizando en Correos. Los directivos, la presidencia y las jefaturas no han tenido nada que ver y, en consecuencia, no sufrirán nada de lo redactado en el Acuerdo”. O 15 de marzo é a data sinalada para que se asinen as modificacións do III Convenio Colectivo debidas a aplicación do Acordo Marco. Se ese día, asinarase por parte da maioría da representación dos traballadores as modificacións, non caberían convocatorias de folgas a posteriori contra o asinado pola empresa e eses sindicatos. E por isto que para o Sindicato Federal de Correos “El 15 de marzo es una fecha clave. El Acuerdo Marco decaería en caso de que no se firme el contenido definitivo. Es por ello que debemos poner toda la presión necesaria antes de esas fechas”. Para reverter esta situación fixouse un calendario de mobilizacións que comeza o próximo 26 de febreiro cunha folga en todo o estado con concentracións en diversas provincias, para seguir do 5 ao 13 de marzo con folgas e concentracións nas diferentes áreas zonais e finalmente cunha folga en todo o estado o 14 de Marzo.
Pola súa parte a sección sindical ATENTO Coruña emitiu un comunicado denunciando a deslocalización dos centros de traballo a outros con condicións laborais de maior explotación. De “miserables” cualifica o comunicado as condicións dos traballadores do novo centro que Abai (Atento) abriu en Colombia. É difícil non estar de acordo; salarios de uns 333 euros mensuais por 46 horas semanais de traballo. Sinala o comunicado a grande dificultade que teñen estas traballadoras para organizarse sindicalmente. A Sección sindical indica que “Como bien sabemos ni lxs clientes dejan de llamar de un día para otro ni la automatización ni la IA están preparadas para sustituirnos, como pretende Atento. La realidad es que, tras unos años vendiéndonos la cercanía -geográfica y cultural- de sus servicios de atención, las empresas de nuestro sector han vuelto al ataque y sin tapujos con la deslocalización”. Como tamén sabemos ben e temos repetido nestas páxinas, as empresas do sector atacan constantemente aos seus traballadores e con mil e unha artimañas precarizan ou incluso roubanlles do seu escaso salario. A sección sindical desenmascara coa deslocalización a estratexia da empresa dos despidos por goteo, que é unha practica habitual dende fai anos, como tamén desenmascara a nova estratexia, do verano pasado, cando impuxo o traslado a outras provincia de 550 traballadores. A gran maioría dos traballadores afectados non puideron asumir o cambio de domicilio a outra provincia polo que acabaron na rúa. A empresa, ademais, provoca un ambiente nocivo de traballo. Recentemente a sección sindical dirixiuse a empresa para que poña fin ao “hostigamiento” nos diferentes servizos, especialmente no que chaman O2. Xunto a estas malas formas, o control e incerteza que se sofre con auditorías e charlas intimidatorias provocan que as traballadoras desexen marchar da empresa. En fin, o acoso laboral para reducir plantillas e agora deslocalizar.
Outra sección sindical do telemarketin da CGT en Coruña, a de Teleperformance, emitiu un comunicado no mes que acaba de rematar denunciando estas situación límite e chamando a “rebelión”, precisamente polo fastío de ser precarias e de que non se lles valore. O comunicado facíase eco da sinatura por parte de UGT e CCOO coa patronal do sector, da subida salarial para o ano 2025. A subida pactada foi de 2,8%, o IPC a pelo, mentres que a perda adquisitiva das traballadoras do Telemarquetin nos últimos anos acumula case o 15%. Sen embargo as corporacións sindicais con maioría, CCOO e UGT consideraron esta subida como un gran logro. Tras o pacto estatal entre o goberno e as propias corporacións sindicais CCOO e UG, este vindeiro martes, o consello de Ministros aprobará unha subida do SMI a 1.184 euros polo que, unha vez máis, o SMI volve a superar o salario dunha operadora de telemarketin. De novo queda demostrado que o convenio de telemarketin asinado por CCOO e UGT é lixo.