VII Época - 64

CORREOS E FERROCARRIL, A LOITA SEGUE, AÍNDA QUE SEXA EN SOLITARIO

Buenas tardes, una vez analizadas las propuestas de las organizaciones sindicales expuestas en la Comisión Negociadora del IV Convenio Colectivo y/o remitidas por escrito, les adjunto el texto definitivo del “ACUERDO CORREOS Y SINDICATOS SOBRE EL AVANCE DE LAS LÍNEAS BÁSICAS A TRASLADAR AL IV CONVENIO COLECTIVO”, con objeto de que, como sindicatos integrantes de dicha Comisión, tras su valoración y si lo estiman conveniente, nos confirmen por mail, si suscriben o no dicho documento a fecha de hoy, 15 de marzo de 2025”.

Esto que acabades de ler e o mail que Correos enviou as corporacións sindicais con representación na Mesa de Negociación do Convenio Colectivo, ás 18:00 do último día restante para a caducidade do Acordo Marco, o sábado 15, xusto despois da terceira xornada de folga convocada por CGT, o venres 14, para que volvesen a claudicar antes de medianoite e cedan así a prorrogar a negociación ata o 30 de xuño e evitar que o Acordo Marco decaera. Ás 19:00 CCOO xa dixo que si, seguíronlle UGT e CSIF. O Sindicato Libre (SL), que ata agora era partidario do Acordo Marco, deu marcha atrás e non asinou a prórroga. Esta lamentable actuación de Correos e corporacións sindicais amosa o acovardamento ante os traballadores, evitando unha sinatura como é debido, despois do éxito da mobilización en solitario da CGT para evitar que o Acordo Marco seguira adiante e comezar os pasos cara un convenio favorable aos traballadores.

A CGT de Correos loitou, e ten a determinación de seguir loitando, para anular ese Acordo da Infamia coas mobilizacións e folgas que vimos apuntando puntualmente en La Campana. A terceira xornada de folga, reivindicando un convenio digno para o persoal de Correos, foi a continuación das convocadas o día 26 de febreiro e 5 de marzo, que “foron secundadas de xeito masivo entre o persoal de Correos, especialmente nas áreas urbanas onde os seguementos superaron amplamente o 60%. en moitas unidades de reparto da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. Ademáis o día 26 de febreiro e o 5 de marzo centenares de carteiros/as marcharon por Ferrol, Coruña e Santiago para chamar a atención dos problemas laborais do persoal” informaron dende a sección sindical coruñesa.

En Pontevedra ese mesmo 26 de febreiro concentrábamonos diante da oficina principal da rúa Oliva acompañando a sección sindical e aos traballadores de Correos que acudiron a convocatoria da CGT. O 5 de marzo a sección sindical desprazouse ata a manifestación de Compostela. Nas tres xornadas de folga estimase, aínda que variable, un seguimento de entre o 30 ao 40% en Pontevedra. “O 14 de marzo, a sección sindical pontevedresa partiu as 6 da maña para chegar a manifestación de Madrid, porque en Madrid é onde toman todas as decisións, e compartir a calor da loita con moitas compas de Murcia, Valencia, Andalucía…Madrid…e chegar de volta, esgotadas, as 12 da noite”, contounos a compañeira Iria que ao mesmo tempo recoñeceunos que “foi un chute de enerxía brutal” para “seguir adiante coa loita e co convencemento de que imos polo bo camiño”.

Ao mesmo tempo, o mesmo día 14, houbo mobilizacións descentralizadas en Barcelona, Asturies, Nafarroa, Zaragoza… destacando a de Sevilla, onde pola noite, debido ao seguimento da folga, non chegou carga dende Madrid e paralizouse o CTA, informaron dende o piquete do CTA. O Centro de Coordinación Huelguistico sevillano tamén informaba de unidades e oficinas valeiras e do maior seguimento dos tres días de folga, que culminou cunha manifestación a que acudiron medio millar de traballadores, sendo máis do 95% da provincia. Tras a manifestación houbo unha asemblea onde, sen vacilar, elixiuse seguir o camiño da loita “Ahora mismo CGT está en condiciones de liderar las negociaciones de un posible nuevo convenio, cerrando el camino al desmantelamiento. Aunque sólo tengamos oficialmente un delegado, tenemos a la plantilla detrás, y los demás sindicatos si se inicia una negociación de verdad tendrán que ir detrás nuestra. Hay que hacer valer nuestra fuerza real actual” valoraron nesa asemblea, ademais de desentrañar que “Aquí la gente va a tener muy claro (si no lo tienen ya) que si los sindicatos firman los están traicionando. No valen ya excusas”. Por eso, tras a claudicación das corporacións sindicais, este mesmo domingo 16 comezaron a pasar entre os compas unha octavilla onde advertían que “En los proximos meses su Plan consiste en reunirse por provincias y negociar los detalles de los cierres, los detalles de pasar gente de la mañana a la tarde, los detalles de mandar gente a otras localidades, etc. Habrá que dar respuesta cada vez más contundente a todo eso”.

Unha das consecuencias da claudicación das corporacións sindicais, se a CGT non consegue derrubalo, é que nos próximos meses se pecharan 36 centros loxísticos que asumirá Correos Express, a filial privada. Quédanse co que era de Correos e os traballadores terán que marchar, substituídos por outros con condicións laborais de repartidor de Amazon, para que algúns capitalistas poderosos obteñan maiores beneficios das súas inversións e acumulen nos seus petos, un pouco máis de riqueza da que xa posúen, extraída do pastel público co que se pagan as nóminas dos traballadores de Correos.

Pero pese a esta aparencia desesperanzadora, a CGT saíu reforzada de estas xornadas de loita. Cando decidiuse comezar a loita, poñendo todas as cartas boca arriba, asumiuse que ía ser unha loita longa, que as corporacións sindicais e Correos ían reaccionar cunha chea de desviacións de atencións, manipulacións e incluso mentiras. Unha das máis graves foi, como explicabamos no anterior número 62 de La Campana, quitarse do medio o dereito á negociación colectiva a través da representación sindical e inventarse unha Mesa de Seguimento do Acordo, onde só teñen cabida quen asine o Acordo, que substitúe á de Negociación do Convenio, rompendo así, ao seu antollo, os mínimos asumidos e establecidos para manter a paz social e as ferramentas de solucións de conflitos do sistema democrático liberal que padecemos. Este propósito de eliminar os dereitos fundamentais conseguidos pola CGT foi paralizado inmediatamente polo sindicato, tendo que tragar tanto a empresa como as corporacións sindicais a presencia de CGT na Mesa de Negociación.

Outra desas xogadas, consecuencia da folga convocada pola CGT en solitario, produciuse na reunión da Mesa de Negociación do Convenio, do 11 de marzo, onde CGT esixiu a retirada integra do Acordo da Infamia. Ante esta postura, Correos solicitou unha prorroga para a sinatura do Acordo Marco ata o 30 de xuño para evitar que decaese o 15 de marzo ante a presión dos traballadores. CGT non contemplou a posibilidade dunha prorroga para un Acordo inaceptable. Dous días despois, desesperadamente, nunha nova xuntanza da Mesa de Negociación, a 48 horas do vencemento do texto do Acordo Marco e a horas da terceira xornada de folga xeral, as corporacións sindicais e Correos apuraron a resurrección do Acordo Marco, permitindo a Correos que enviara un texto revisado do Acordo e prorrogar a negociación ata o 30 de xuño. Si, quizais hai que ler dúas veces para entender as voltas e reviravoltas das xogadas que se traen entre mans. Mais ler, o que se di ler, non tiveron que ler moito na Mesa de Negociación pois nestas dúas reunións Correos non presentou ningunha documentación, nin texto previo, dos temas a tratar para evitar así que os traballadores estivesen informados e puideran decidir, ou tan sequera influenciar, sobre as posturas dos seus representantes na Mesa de Negociación. Finalmente, axuntado ao mail que abre este artigo, Correos envía o texto definitivo do “ACUERDO CORREOS Y SINDICATOS SOBRE EL AVANCE DE LAS LÍNEAS BÁSICAS A TRASLADAR AL IV CONVENIO COLECTIVO” sen ningunha modificación substancial sobre o anterior.

No momento de pechar esta edición de La Campana chega unha nota de prensa do Sindicato Federal Ferroviario da CGT anunciando que mantén as convocatorias de folga, 7 días como informamos no número anterior do 10 de marzo deste semanario, esixindo unha análise rigorosa do acordo alcanzado entre o Ministerio, a Generalitat e o resto de sindicatos, denunciando a imposición de tempos e a falta de debate cos traballadores por parte do Ministerio e a Generalitat.

Como en Correos, CGT queda en solitario para enfrontarse ao mesmo Ministerio de Transportes e Comunicacións e o seu entorno de negocio. “El Sindicato del Sector Federal Ferroviario de la Confederación General del Trabajo (SFF-CGT) mantiene las movilizaciones contra el traspaso de Rodalies, la línea R1 y la privatización de Renfe Mercancías. No es la primera vez que el sindicato se ve obligado a luchar contra este modelo de desmantelamiento del ferrocarril público. En el pasado, se desconvocaron huelgas confiando en la buena fe negociadora y en el cumplimiento de los acuerdos alcanzados. Sin embargo, en esta ocasión, el SFF-CGT no desconvocará sin un análisis riguroso y detenido del acuerdo que se ha puesto sobre la mesa. El incumplimiento de lo pactado en 2023 no es un detalle menor” pon de manifesto a nota. O acordo alcanzado este mesmo domingo 16 de marzo “entre la mayoría de los Comités Generales de Empresa (CGEs) de Adif y Renfe, las organizaciones sindicales SEMAF, CCOO, UGT, y SCF, el Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible y la Generalitat de Catalunya debe ser evaluado por la afiliación del SFF-CGT. Será ella quien determine si el acuerdo ofrece las garantías necesarias para detener las movilizaciones”, afirman dende o SFF-CGT.

Ademais, o mesmo que en Correos, o SFF-CGT fai fincapé na soberbia de eliminar á CGT do seu dereito fundamental a representar aos traballadores “cuando desde el SFF-CGT les hemos dicho que tendríamos que consultar con nuestra afiliación antes de firmar cualquier acuerdo, han optado por eliminarnos del acta y que no figuremos como participantes de las negociaciones” co propósito de “no dar voz a los trabajadores y trabajadoras” denuncia a nota distribuída.

Dende La Campana seguiremos con atención os acontecementos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *