VII Época - 78

… E A PRECARIEDADE CONTINÚA, COMO TAMÉN A LOITA SINDICAL

Este 3 de setembro as traballadoras do SAD, Servizo de Atención Domiciliario de CGT- Valencia concentráronse fronte a empresa Atentia, concesionaria do servizo externalizado, en loita polos seus dereitos laborais. Nun sector feminizado e ultra precarizado as compañeiras dixeron basta e organizáronse para esixir a «Atentia» que termine cos abusos laborais que padece todo o persoal. Segundo un comunicado ese 3 de setembro “comezaron unha serie de mobilizacións que poñen de relevo a grave situación laboral na que se atopan”.

Unidas para reclamar dignidade e dereitos laborais as compañeiras esixen no comunicado:

-Rexeitamos a imposición dunha bolsa de horas non asinada nin acordada coa representación sindical.

-Esiximos transparencia: as nóminas son opacas e falta parte do salario que nos corresponde.

-Denunciamos a falta de protección nos nosos postos de traballo.

Desde 2023, tras dúas folgas e múltiples roldas de negociación entre a CGT e o Concello de Barcelona, o servizo de Salvamento e Socorrismo nas praias de Barcelona continuaba sumido nunha precariedade absoluta que afecta a socorristas, técnicos sanitarios, enfermeiros, tripulantes e patróns de embarcación. Dous anos despois, en xullo do 2025, as condicións laborais e operativas non só non melloraron, senón que se agravaron.

A actual empresa concesionaria do servizo, FCC MEDIO S.A.U., recoñeceu en varias reunións tripartitas (empresa, traballadores e Concello) a existencia dun grave problema estrutural que impacta directamente na operativa diaria do equipo acuático, sanitario e marítimo. Estas deficiencias son responsabilidade directa do Concello de Barcelona, que optou por desentenderse dun servizo esencial, externalizado pero público, poñendo en risco a seguridade das miles de persoas que visitan as praias cada ano.

Tras unha mediación errada entre a empresa e o comité de traballadores o luns 28/07/2025, a postura sindical de ir á folga reforzouse aínda máis ao comprobar que o Concello de Barcelona decidiu propoñer, a través da empresa, uns servizos mínimos do 80%. Resulta paradoxal que, ademais de alegar na mesma solicitude que o Servizo de Salvamento e Socorrismo é un servizo esencial, utilicen os mesmos argumentos que esgrime a CGT nas súas reivindicacións desde hai anos: “O elevado volume de afluencia e o aumento da temperatura da auga son factores que inciden directamente no incremento de vítimas mortais”, recoñece o propio concello na súa proposta de servizos mínimos. “Parece ser que somos esenciais cando ao concello convénlle” apuntaba o sindicato. Ante a persistencia destas irregularidades, a ausencia total de solucións reais e tras unha mediación sen acordo, as traballadoras e traballadores do servizo decidiron, por votación unánime en asemblea, convocar folga total indefinida a partir do 1 de agosto de 2025.

27 días de loita despois e cun seguimento do 100%, desconvócase a folga.

A sinatura da desconvocatoria produciuse o xoves 28 de agosto na Conselleria de Treball da Generalitat de Catalunya. Despois de máis de 7 horas de reunión, o Concello de Barcelona e o equipo de salvamento e socorrismo alcanzaron un acordo que se trasladou á asemblea de traballadores para a súa aprobación. “Desta proposta despréndese algo moi claro: cando hai vontade e garántese un espazo de diálogo, o entendemento é posible” manifestou a sección sindical dende a paxina web da Federació Local de Sindicats de Barcelona, “Seguiremos defendendo que Barcelona debe aspirar a un servizo de salvamento e socorrismo excelente, que contemple a presenza de persoal sanitario e de socorro nas praias todo o ano e que poña no centro a seguridade dos barceloneses/as e usuarios/as da praia”.

Acordouse como pacto para desconvocar a folga de 27 días as seguintes melloras no contrato vixente .

En números fríos, a tempada baixa gana 26 días de traballo e a incorporación de tres reforzos, a tempada alta gana 21 días de traballo. Esto supón para os traballadores:

  • Ampliar as dúas primeiras semanas de outubro e completar abril, ampliando así a cobertura en tempada baixa.
  • Abrir todas as torres desde a terceira fin de semana de maio, os sábados e domingos e a segunda pascua.
  • A incorporación de tres reforzos no equipo desde o inicio de tempada.
  • Participar no proxecto de reformas dos locais de salvamento, para asegurar instalacións dignas e funcionais.
  • Garantir o seguimento do contrato actual para fiscalizar as accións da empresa.
  • Regularizar as incompetencias administrativas de FCC, que ata o de agora lastraban a xestión do servizo e unha maior participación desta empresa na xestión do día a día.

O sindicato emitiu esta valoración “Pero o máis importante é a mostra de forza e unión colectiva de todo o persoal: grazas á firmeza, a organización e a solidariedade, e o apoio de CGT, unha proposta inicial insuficiente transformouse nun acordo que valida a nosa loita sindical e recoñece a importancia do oficio e do servizo público que brindamos á cidade”.

Finalmente reproducimos un comunicado que nos fixeron chegar as compas de CGT Abai Business na Coruña. Penso que a súa lectura, ademais de informativa, é moi ilustrativa sobre a realidade das condicións laborais que sofre a cada vez máis precarizada clase obreira en xeral e concretamente a do telemarketin.

Telefónica y ABAI cómplices: la primera ordena, la segunda ejecuta

Es habitual leer y ver en las publicidades de Movistar, 02 o cualquier otro servicio de la multinacional que las consultas de los clientes son atendidas por personas felices y desde call centers situados en territorio español, pero la realidad es totalmente diferente. La compañía de telecomunicaciones no solo echa mano de subcontratas dirigidas por mediocres sin escrúpulos, como es el caso de ABAI, sino que también impone una serie de objetivos inhumanos y denigrantes: la duración de la llamada, ofrecimientos, ventas y un sinfín de gilipolleces más. Un buen ejemplo es 02; mientras en la web indica que lxs teleoperadorxs no tenemos que vender, lxs responsables de ABAI nos presionan y chantajean con los incentivos que ellxs mismxs manipulan.

A estas alturas ya sabemos que Telefónica y sus subcontratas mienten constantemente y eso no es ninguna novedad, pero no deja de ser insultante que presuman de atender las llamadas de 02 desde España cuando no es cierto. Abai y Telefónica llevan años desviando la carga de trabajo a otros países para lograr dos objetivos: el primero, ganar todavía más dinero a costa de explotar a nuestrxs compañerxs en Latinoamérica y el segundo, desmantelar los centros de trabajo que tiene ABAI en este país.

Lxs trabajadorxs no somos tontxs; sabemos perfectamente cómo es el telemarketing, un sector donde las empresas se hacen de oro con la precariedad laboral y salarial que permite el convenio colectivo firmado por CCOO y UGT; por eso no aceptamos cuentos. Estamos cansadxs de los cambios de cromos; tenemos derecho a trabajar en campañas estables con condiciones dignas.

Lxs teleoperadorxs no estamos para aguantar la frustración de nadie ni para asumir con nuestra salud la inoperancia de las compañías. Para la miseria que pagan, hacemos demasiado.

No vamos a permanecer calladxs ni a ser cómplices de una operación con la que buscan destruir miles de puestos de trabajo y precarizar todavía más nuestras condiciones de vida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *