VII Época - 83

QUÉN PODE NEGAR QUE ESTE TRABALLO É PENOSO, PERIGOSO E TÓXICO? BOMBERXS FORESTAIS ABRASADXS

Os Bombeiros Forestais da Comunidade de Madrid levan en folga dende o 15 de xullo. A folga converteuse en indefinida o luns 25 de agosto. O motivo principal é que tanto o goberno da Comunidade de Madrid, de quen dependen, como a empresa pública TRAGSA queren impor o convenio das BRIF. Segundo a páxina web do Ministerio para a Transición Ecolóxica, “as Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) son unidades helitransportadas de persoal altamente especializado na extinción de incendios. Proporcionan un servizo de apoio ás comunidades autónomas, podendo actuar en calquera punto do territorio nacional, incluíndo as Illas Canarias. O Ministerio mantén actualmente dez BRIF operativas: 9 BRIF-A (compostas por unhas 60 persoas, e dous helicópteros) e 1 BRIF-B (composta por unhas 30 persoas e 1 helicóptero), distribuídas por todo o territorio nacional durante a época de máximo risco estival, reforzando a actuación das Comunidades Autónomas, que son as competentes na materia, en cumprimento dos mandatos legais establecidos pola Lei de Montes”.

Esta imposición é rexeitada pola sección sindical de bombeirxos forestais da comunidade de Madrid da CGT, CGT BBFF CAM. Segundo un dos seus comunicados “Tentan aplicarnos un convenio que non negociamos, dun servizo distinto ao noso e cuns rangos salariais que están moi lonxe de permitir vivir na comunidade co nivel de vida máis caro de toda España”. Ao contrario, exíxese a negociación e renovación do seu propio convenio xa que está obsoleto desde 2008, 17 anos!.

A empresa pública TRAGSA segue negándose en rotundo a unha negociación de convenio, pese a serlle solicitada en numerosas ocasións pola sección sindical, “Continuamos na mesma situación, sen renegociar un convenio e traballando coa mesma precariedade que ata o de agora. Son anos de inxustiza sen valorar o noso traballo”. As condicións actuais de traballo limítanse a unha media de 1300 euros mensuais de salario para un persoal temporal que lisca fuxindo dunha precariedade sen futuro. Se ben acolleuse con optimismo o anuncio da Comunidade de Madrid da súa intención de estabilizar o persoal todo o ano, o plan de mellora das bases salariais e a aplicación da categoría de Bombeiro forestal que corresponde por lei, pronto desvelouse que eran só promesas insuficientes “mentres nos xogamos a vida día tras día por defender á poboación e o noso patrimonio natural… non nos deixa outra opción que renovar a folga” enfatizaban CGT BBFF CAM.

Desde principios de ano tratouse de chegar a acordos coa empresa que xestiona o servizo (TRAGSA) esgotando todas as vías posibles, o que levou a comezar a mobilización. No mes de marzo levouse a cabo un peche na Dirección Xeral de Emerxencias, que é para quen se presta o servizo e “unha máis que exitosa asemblea para escoitar a lxs compañerxs e decidir que rumbo tomar”. En abril houbo concentracións na sede da devandita empresa esixindo un convenio digno (o vixente está obsoleto desde 2008) e o fin da precariedade laboral. Ao non recibir contestación por parte da empresa, convocouse un día de folga, apoiada por outra concentración fronte á Consejería de Medio Ambiente Madrileña. Os meses de maio e xuño continuaron con accións e concentracións ante a inacción tanto de TRAGSA como da Comunidade de Madrid, deixando claro que se non se producían avances nas negociacións iríase á folga. É por isto que a finais de xuño comunicouse a convocatoria de folga desde o 15 de xullo ao 15 de agosto. O 15 de xullo iniciouse a folga cun piquete informativo na sede estatal. Durante estes dous meses estendeuse un calendario de mobilizacións. A Presidenta da Comunidade de Madrid define esta folga de “sen sentido” non atendendo así as necesidades urxentes do fin da precariedade e do aumento substancial do salario. Terminada dita convocatoria, houbo certos avances, pero claramente insuficientes xa que seguen sen cubrir estas necesidades urxentes “salarios dignos para quen nos deixamos a vida” insistiuse naquel momento. “É por isto que nos vimos abocadxs a convocar a folga con CARÁCTER INDEFINIDO” anunciaba a CGT BBFF CAM.

Por todo o exposto, agora, solicitan apoio aportando cartos á caixa de resistencia para poder sufragar a enorme diminución económica que supón manter esta folga “facemos un chamamento a toda a afiliación para axudarnos na loita e así poder manter a Folga que levamos secundando desde o 15 de xullo de 2025” di o chamamento. Os datos desta caixa de resistencia son:

TITULAR:

Sindicato de Administración Pública de CGT Madrid

CONCEPTO: Folga bomberxs forestais CGT Madrid

Nº de conta: ES35 0049 1837 51 2710249620

Larri. Fonte: CGT SAP Madrid

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *