VII Época - 99

UN SINDICALISMO ARRAIGADO NOS CENTROS DE TRABALLO E COMBATIVO

O pasado mércores, 25 de febreiro, asistiamos a concentración que convocaban Anpas, profe-sorado e alumnado en Redondela e outras localidades do sur de Galicia en defensa do ensino público e onde enumeráronse as carencias dos centros escolares da zona. Nomeadamente, abandono do mantemento dos centros, presenza de amianto, falta de persoal sobre todo na atención a diversidade, abandono do rural e tantas outras que vense repetindo e que, a grandes trazos coinciden coa situación actual do ensino público no estado español. O sábado 28 as 12:00 a sección sindical d’Ensenyament da CGT Valencia tomaba as rúas da capital levantina para esixir a dignificación da escola pública, laica, social, inclusiva e de calidade, retomando a mobilización, estancada dende a folga do 11 decembro, e alertando do manifesto desleixo das negociacións coa Conselleria de d’Educació. En Catalunya a CGT xunto cos demais sindicatos e corporacións sindicais do ensino teñen convocada unha semana de mobilizacións e folga por territorios tras o éxito da folga do 11 de febreiro. O calendario previsto comeza o 16 de marzo afectando ao Baix Llobregat, Barcelonès e Consorcio de Educación de Barcelona. O 17 marzo seguirá no Penedès, Tarragona e Terras do Ebro. Ao día seguinte, 18, Alto Pirineu e Aran, Cataluña Central e Lleida. O 19 de marzo, Girona, Maresme e Vallès Oriental e Vallès Occidental. O 20 de marzo e como colofón desta fase, convocase a toda Catalunya con unha manifestación unitaria en Barcelona. En Madrid, a CGT convoca a unha concentración o 19 de marzo diante da Consejería de Educación reivindicando menos horas lectivas, subida salarial e baixada das ratios e denunciando a falsidade do acordo asinado por CCOO, ANPE, CSIF e UGT. En Aragón, tras o éxito da folga de tres días, 20, 21 e 22 de xaneiro, convocada, laboralmente en solitario, e realizada pola CGT Enseñanza de Aragón, agora CCT e un sen fin de organizacións de todo tipo, convocan protestas para todos os mércores de marzo en toda a comunidade autónoma. As protestas céntranse en contra do concerto do bacharelato, FP e o ensino de 0 a 3 anos que pretende o Goberno de Aragón.

As folgas e mobilizacións convocadas pola CGT seguen ao longo de todo o territorio estatal. Unha das máis destacada é a do persoal da Rede de Saneamento de Málaga que levan case un mes de folga indefinida. Tras os estériles encontros con FCC-Aqualia e coa concelleira de medioambiente do concello de Málaga e o posterior desaloxo dos traballadores da sede de EMASA pola policía municipal, brigada patriótica de Paco De la Torre, a asemblea de traballadores reunida o pasado luns adoptou acordos para a continuidade da dura loita fronte á conivencia demostrada polo Concello e a concesionaria. Segundo CGT-limpeza, “o tarifazo da auga en Málaga, que segundo a concelleira serviu para duplicar ata os 4.2 millóns de euros a concesión a FCC-Aqualia, está a servir para que desde o Concello síganse enchendo as arcas da concesionaria das redes de saneamento (e non sabemos de quen máis) ao non lle exixir o cumprimento do contrato subscrito desde o pasado 1 de novembro e lucrarse co diñeiro público achegado por toda a cidadanía da capital malagueña a través da brutal subida da auga desde 2024 en diante”. O mesmo luns o comité de folga de CGT trasladou á empresa unha proposta de desbloqueo da negociación colectiva.

Na Coruña, haberá paros os días 5 e 13 de marzo na empresa de telemarketing Universal Support, convocados polo comité de empresa, no cal CGT ten representación. As principais reivindicacións son dúas. Unha, o recoñecemento da categoría de xestor/a para todos/as teleoperadoras e, dúas, a renovación da equipa de dirección en Bergondo ante a súa nula capacidade de diálogo, pésima dirección e falta re respecto a todo o persoal. Haberá concentracións, os días de paro, diante da oficina do Banco de Santander no Cantón pequeno da Coruña.

As veces, a constancia na loita e non tirar a toalla ata o final, da os seus froitos cun “batacazo xudicial”, como o chamaron as compas de Abai, ao sentenzar o tribunal que a mobilidade xeográfica que a empresa quería impor ás traballadoras de León trasladándoas a Hospitalet é inxustificada (ver La Campana nº 73 e 69). Nun comunicado publicado o 25 de febreiro a CGT celebra que “Unha vez máis, destapárase a estratexia de Abai: mentiras, manobras tramposas e intentos de desmantelar os centros de traballo no estado español para deslocalizar servizos a países con lexislación laboral máis penosa”.

Tamén, este 5 de marzo haberá concentración diante da Asemblea de Madrid das/os Técnicos do SUMMA 112 convocada por Sanidad Madrid-CGT, e folga no Sector Social de Catalunya esixindo un convenio digno para as traballadoras da Acción social con nenos, xoves e familias e outros en situación de risco, denunciando a privatización do sector e a inacción de CCOO e UGT.

E así poderiamos seguir… pero tamén queremos dar parabéns á CGT Catalá que superou as 25.500 persoas afiliadas. “Este crecemento non é froito de ningunha campaña puntual, é o resultado dun sindicalismo arraigado nos centros de traballo e combativo” celebran dende Catalunya. Como moitas veces lles temos escoitado “somos o sindicato que máis folgas convocamos”. Ese é o camiño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *