VII Época - 38

PALESTINA COMO EXCUSA

Con el fin espurio de lograr “protagonismo político” la organización Erguer suplanta la representación de la Asamblea

La organización estudiantil gallega Erguer (autodeclarada nacionalista e independista) pretende suplantar a la asamblea estudiantil, organizadora de la acampada por Palestina en la Universidad de Santiago de Compostela (USC).

Representantes de Erguer firman un documento con el equipo de gobierno de la universidad con 8 retóricos “compromisos” que ignoran o contradicen las exigencias y decisiones de la asamblea, así como los objetivos de la acampada estudiantil.

Todo ello, en las mismas fechas, que se hace pública una investigación con los datos de los “negocios” millonarios de la Universidad compostelana con Israel

Una investigación del estudiantado acampado en las facultades de la capital gallega revela cómo la USC viene colaborando estrechamente desde años y con dinero público por valor de más de 86 millones de euros, con al menos cinco entidades sionistas desde 1993.

Así lo revela una investigación elaborada entre tres colectivos estudiantiles -PPecheUSC, SUGxPalestina y BDS Galiza- que desde la segunda quincena de mayo están reclamando a la USC para que rompa cualquier tipo de relación con entidades israelíes. Según los datos oficiales ofrecidos tanto por la propia Universidad de Santiago como los documentos informativos de la Comisión Europea, la universidad compostelana participa en al menos 13 proyectos con organismos sionistas. Uno de ellos, financiado con 2.526.933,60 €, comenzó a funcionar el uno de enero de este mismo año 2024, apenas tres meses después de que el gobierno israelí iniciase la colosal matanza sobre Gaza y la provocación de cientos de asesinatos en la Cisjordania ocupada (llega la criminalidad del gobierno de la USC a hacer figurar en su mapa mundial de colaboraciones, a la Franja de Gaza y Cisjordania como partes de ‘Israel’, y no de ‘Palestina’).

Los otros 12 proyectos donde la USC colabora estrechamente con entidades israelíes suman un total de 84,2 millones de euros de dinero público facilitado por la Unión Europea.

Comunicado da Asemblea de

Peche USC – Espazo aberto internacionalista de Compostela”

ANTE OS COMPROMISOS ADQUIRIDOS POLA REITORÍA NA XUNTANZA COA ORGANIZACIÓN ESTUDANTIL ERGUER

Hoxe, 22 de maio de 2024, tras máis dunha semana de acampada, concentración, boicotes e mesmo da Casa da Balconada esta mañá para manifestar e transmitir as reivindicacións desta Asemblea á universidade, a organización estudantil Erguer e o equipo de goberno da USC tiveron unha xuntanza na que a Universidade asinou 8 compromisos que están ben afastados dos esixidos por esta Asemblea. Diversos medios de comunicación fixéronse rapidamente eco da nova, afirmando nalgún caso que a acampada fora organizada por Erguer.

Ante estes feitos, a Asemblea non pode aturar nin aplaudir palabras baleiras e medidas brandas e, por este motivo, comunica o seguinte:

+ Que os compromisos adquiridos pola USC son, non só profundamente insuficientes ante a gravidade do xenocidio que está a cometer o réxime sionista, senón que son contrarios ás reivindicacións históricas do pobo palestino e ás directrices da PACBI, a Campaña Palestina para o Boicote Académico e Cultural a Israel, e mesmo as demandas básicas da Rede Universitaria por Palestina. Tamén son contrarios dos obxectivos da nosa Asemblea, que dende o primeiro momento tivo como principal obxectivo as reivindicacións do pobo palestino.

+ Que as reivindicacións aprobadas na Asemblea do pasado xoves 16 de maio e comunicadas á USC son as únicas que defende o estudantado galego e a clase traballadora autoorganizadas na acampada da Facultade de Xeografía e Historia.

+ Que estes compromisos foron aprobados de maneira unilateral por unha organización externa a Asemblea, sendo esta Erguer, e que polo tanto non representan de ningunha forma o sentir xeral da Asemblea. Ademais, viola o compromiso realizado por algún representantes de Erguer de participar na Asemblea como individualidades e non empregar os seus esforzos para obter rédito político. Os motivos que nos levan a facer este comunicado son os seguintes puntos do texto asinado hoxe polo equipo de goberno da USC cos que non concordamos (ademais das nosas outras reivindicacións ausentes neste texto):

1.- “Comprométese a non asinar novos convenios de colaboración nin a mandar ningún tipo de relación científica ou académica con universidades e institucións israelís [ … ] que non asuman os compromisos que figuran nesta declaración”.

Fonte a isto, esta asemblea lembra que pese a que as universidades israelís xa asumen na teoría a defensa dos dereitos do pobo palestino, ao igual que o o goberno sionista e xenocida de Israel, na práctica está sobradamente demostrado que todas as universidades israelís están implicadas no apartheid contra a poboación palestina. Non nos serve, polo tanto, o boicote retórico que plantexan a CRUE ou a USC, senón que demandamos un boicote real e efectivo contra todas as institucións académicas israelís e as distintas formas de colaboración con elas.

2.- “Comprométese a revisar e suspender calquera relación económica con institucións e empresas israelís que non asuman de xeito explícito os compromisos desta declaración”.

Rexeitamos pola mesma razón este compromiso. De pouco serve que unha empresa asuma uns compromisos se na práctica non os compre. Ademais non pedimos unicamente a desinversión e suspensión de acordos comerciais con empresas israelís cómplices das políticas xenocidas de Israel, senón que facemos este punto extensible a todas as empresas que financien a industria armamentística implicada no xenocidio en Gaza, sexan ou non israelís (por exemplo, o Banco Santander) mentres levan a cabo esas prácticas

3.- “Insta á comunidade internacional a rematar coa inacción e recoñecer o estado de Palestina, así como o seu dereito á autodeterminación”.

Fronte a isto, nós esixímoslle á USC que se posicione explicitamente defendendo o dereito á libre autodeterminación do pobo palestino dende o río até o mar, e comprometéndose a recoñecer o estado resultante dese proceso. Esta postura aínda que poida sonar semellante, é moi distinta e asumímola por ser verdadeiramente internacionalista e non eurocéntrica. Non podemos recoñecer un estado de Palestina nos termos que impoñen os colonos israelís.

4.- “[ … ] lamenta o emprego de violencia no exercicio pacífico do dereito á manifestación”.

Este compromiso é sinxelamente inasumíbel e indefendíbel. Lamenta, pero non condena e non sinala o brazo executor desa violencia. Fronte a isto, nós esiximos a condena pública da represión que se está a producir contra as manifestacións de solidariedade co pobo palestino que mesmo supuxo o desaloxo violento de campamentos e a detención de estudantes por parte das forzas policiais en países como os EE UU e Alemaña, así como a represión de manifestacións de apoio a Palestina e a defensa e garantía do dereito á protesta, á liberdade de expresión e ao boicote a Israel do estudantado da USC, dereitos que están sendo ameazados noutras universidades.

Facemos un chamamento a todos os colectivos e organizacións que apoian a Asemblea e as súas reivin-dicacións a traballar conxuntamente con nós para acadar a consecución das mesmas, e non de xeito unilateral e alleo a Asemblea. Se o reitorado deu o seu brazo a torcer e asinou estes tímidos e insuficientes compromisos, evidencia que estes non supoñen una ruptura coa complicidade sionista da USC, senón que lle son funcionais ao seu lavado de cara. Malia parecer estas medidas un avance, o certo é que a súa aprobación por parte da universidade tan só pretende lexitimar aquelas institucións que pretendemos combater, así como lograr a desmobilización da nosa loita. Ademais, a aprobación conxunta destes obxectivos revela unha clara intencionalidade por parte da reitoría de acrecentar as diferencias internas que poderían existir no seo do movemento estudantil.

A Asemblea declara o seu firme compromiso de seguir adiante ata que se cumpran todas e cada unha das nosas reivindicacións. Non nos conformamos coas faragullas colaboracionistas da USC nin aceptaremos a instrumentalización por parte de organizacións externas dos nosos esforzos!

Reitor, escoita, estamos en loita!

Dende o rio até o mar, Palestina vencerá!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *