VII Época - 54

PRESENTE E FUTURO DO ANARQUISMO NA GALIZA

O pasado 29 de novembro tivo lugar en Pontevedra a presentación de “Anarquismo e Organización. Apuntes para o territorio galego” do Seminario de estudos libertarios Galegos (SELG). Este é o primeiro recopilatorio dos encontros deste ano. O acto organizouno o Ateneo Libertario de Pontevedra no Centro Social A Pedreira.

O seminario nace no 2024 coa intención de crear espacios de reflexion e autoformación arredor do socialismo libertario galego. A idea e espallar grupos debate por toda a xeografia Galega atraves dos grupos de autoformacion libertaria (GAL), de maneira autoxestiva.

Durante a presentación do día 29 varias persoas mostraron interés en conformar un grupo na cidade de Pontevedra. Ao rematar actividade participamos dunha cea de confraternizacion amenizada cos concertos de Lamprea explosiva e Surf fat and rat.

Para o ano o tema sobre o que se traballará será o anarcofeminismo. Se alguén ten interese en participar pode contactar no mail: ateneolibertariopontevedra@gmail.com

Máis información: https://selg.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *