VII Época - 78

ETAPAS 15 E 16 DA ‘VUELTA CICLISTA’, EN GALICIA

Continúa a violenta represión contra a solidariedade co pobo palestino

Non nos calarán!

ETAPA 15 – O domingo, 7 de setembro, axentes da policía detiveron en Monforte a doce manifestantes, participantes na protesta contra a presencia do equipo israelí, Israel Premier Tech, na Volta Ciclista. As detencións realizáronse con violencia. Entre os detidos figuran varias persoas activistas da Rede Galega pola Palestina, Lugo por Palestina e BDS Galiza, así como a responsable comarcal do BNG na Terra de Lemos, Rosana Prieto. A intervención policial provocou tamén a caída do ciclista Javier Romo cando un axente invadiu a estrada para deter un manifestante. Ademais producíronse cargas policiais nas inmediacións da meta en Monforte, convertendo unha protesta lexítima e pacífica nun escenario de represión inaceptable.

Diante destes feitos o Comité confederal da CGT de Galicia emitiu o seguinte comunicado:

“A CGT de Galicia condena a actuación policial durante a 15 etapa de “La Vuelta” entre Vegadeo e Monforte de Lemos. As protestas pacíficas que sinalan ao equipo “Israel Premier Tech”, financiado e abandeirado por oligarcas sionistas vencellados ao xenocida goberno israelita, foron reprimidas con violencia e detencións.

A CGT de Galicia repudia que o ministerio de interior do goberno español garante que polas estradas e rúas circule un equipo ciclista, que representa ostentosamente ao estado asasino de Israel empregando o deporte para branquear o xenocidio do pobo palestino.

Esiximos a posta en liberdade sen cargos de todas as persoas detidas e que o goberno español deixe de castigar e reprimir as protestas contra o equipo israelita. Así mesmo animamos á toda a sociedade galega a rexeitar publicamente a actuación policial e amparar as persoas detidas.

A CGT de Galicia chama á sociedade galega a non deixarse amedrentar e saír ás rúas e estradas con dignidade e determinación amosando a súa solidariedade co pobo palestino na próxima etapa de ‘La Vuelta’ entre Poio e Mos o martes 9 de setembro.” [Comité confederal – CGT Galicia]

 

ETAPA 16 – A etapa 16 da “Vuelta ciclista”, con saída dende Combarro no concello de Poio (Pontevedra) ata o alto de Hermello no concello de Mos, viña precedida pola convocatoria de diversas organizacións solidarias co pobo palestino, entre elas a CGT, en diversos puntos do traxecto.

A moi poucos kilómetros da saída, dúas grandes concentracións de millares de personas recibiron con abucheos, consignas solidarias, pancartas e bandeiras palestinianas, manifestando a repulsa á participación do equipo israelí, Israel Premier Teach e a solidariedade coa resistencia do pobo palestino.

Ó longo de todo o recorrido, alí onde pasaba a etapa, como en Arcade, Soutomaior, Alto da Groba, reproducironse as concentracións nas beirarúas, ata chegar a linea de meta, no mercadillo do alto de Mos. Neste lugar, millares de persoas concentrarónse ocupando a estrada para impedir o paso da ‘Vuelta’. Os gritos de “Non pasarán”, “Non é unha guerra, é un xenocidio”, “Fora o sionismo da nosa terra”, “Palestina vencerá”, “Do río ó mar, Palestina libre vencerá” …, os manifestantes frustraron un primeiro intento da policía e garda civil para deixar libre a estrada, o que obrigou á organización da Volta a non poder rematar a proba na meta e tener que facelo uns oito kilómetros antes.

Podemos valorar estes feitos nas Etapas 15 e 16 da “Vuelta Ciclista a España”, na Galicia, como unha mostra moi importante da solidariedade cada vez maior do pobo galego coa resistencia do pobo palestino.

Fonte: Asistentes de La Campana ás concentracións

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *