VI Época - 4

DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Concentración, 20 xuño, 12:30h, Prza. da Peregrina

A CGT e Marea Blanca de Pontevedra convocan unha concentración en defensa da Sanidade Pública, que terá lugar este sábado, 20 de xuño, ás 12:30h, na Praza da Peregrina.

O reiterado obxectivo da concentración (permanente dende fai anos, nos terceiros sábados de cada mes) é facer pública a defensa da Sanidade Pública frente as agresións que sofre a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administracións, como a Xunta de Galicia e pola derogación urxente da Ley 15/1997, impulsada polo PSOE co apoio do PP e os partidos nacionalistas de Euskadi e Cataluña, que abríu as portas de par en par á privatización da sanidade.

Sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuíta no momento da prestación e de calidade: Recortes presupuestarios, precariedade laboral, contratacións de persoal en fraude, peche de camas, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, privatizacións de servizos sanitarios (lavandería, mantenemento, esterilización, cociña, entre outros), plantillas reducidas, aposta do goberno por modelos sanitarios (privados ou estatales) que antepoñen criterios económicos ós estrictamente necesarios de saúde pública universal e atención responsable ós enfermos, baixo os eufemismos de ‘rendabilidade’, ‘aforro’, ‘xestión responsable’, ‘ganancia eficiente’, etc.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *