VI Época - 13

Boletín “Buzón Rebelde”

Publicouse o ógano de difusión da CGT da Coruña en Correos e xa vai polo número 32. Neste número o tema máis importante é o COVID-19 e a desidia de Correos para preservar a saúde dxs traballadorxs. Denúnciase o incremento de casos (13 vencellados ao CTA) e faise unha exposición pormenorizada da situación. Explícase que a máscara por si soa non é suficiente e dase conta do malestar na UR3 con folga incluída. Infórmase dos recortes en Ribeira e Oleiros e se reclama respeito e a fin dos malos modos por parte das xefaturas de equipo. Denúnciase o cinismo da empresa con respecto ás distanzas de seguridade e faixe un chamamento á participación activa na prevención nos postos de traballo. Un número moi interesante que se pode ler ou descargar picando nas ligazóns de embaixo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *