VI Época - 29

CGT DE PONTEVEDRA NA COORDINACIÓN DA INMINENTE XIRA ZAPATISTA

O pasado mércores 10 asistimos a unha videoconferencia convocada pola Secretaria de Relacións internacionais do Secretariado Permanente Confederal para coordinar o paso polo estado español da xira zapatista que proximamente visitara o continente europeo e proseguirá por todo o mundo.

A Secretaría de Acción Social e Formación do SUTSO de Pontevedra asistimos acompañados polo Secretario Xeral de Galicia, Ángel Valladares, e reafirmamos a intención da CGT de Pontevedra e da CGT de Galicia en acoller unha delegación zapatista en Galicia unha vez que cheguen ao estado español. Ademais de Galicia e Pontevedra estaban presentes a representantes de outras confederacións rexionais e federacións locais.

Como primeiro tema a tratar puxemos en común os distintos avances e iniciativas de cada territorio na organización desta xira. Despois Sandra, a secretaria de Relacións Internacionais, informounos dos avances da coordinación europea a que asiste CGT e dos traballos que se están levando a cabo.

Finalmente chamouse a solidariedade para denunciar que o próximo día 20 de febreiro cumpriranse dous anos do asasinato de Samir Flores Soberanes, Integrante da Asemblea Permanente dos Pobos de Morelos, membro do Congreso Nacional Indíxena, e fundador da estación comunitaria Radio Amiltzinko. Ata a data nin os malos gobernos nin os seus administradores de in-xustiza identificaron aos asasinos. Desde CGT nin perdoamos nin esquecemos, e anticipamos que os ataques ás comunidades zapatistas e ás Bases de apoio ao EZLN non nos resultan nin alleas nin afastadas. Esiximos o fin da violencia contra as Comunidades e Bases de apoio zapatistas.

Se tes interese en participar na organización, ou simplemente queres información mais polo miúdo, da xira zapatista, non dubides en porte en contacto con nos. Podes facelo ao través do sindicato, ou ben ao traves do enderezo electrónico da secretaría de Acción Social pontevedrasasoc@cgtgalicia.org, agardámoste.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *