Continúa a represión e arbitrariedade da patronal, en Atento

No que levamos de mes de marzo despediu a 15 traballadoras

No que levamos de mes, Atento despediu a 15 traballadoras que prestaban servizo para o departamento de atención a empresas de Movistar. Destas, dúas eran compañeiras do centro de traballo da Coruña, outra de Bilbao e as restantes de Lleida.

Todos estes despedimentos (disciplinarios, aducindo baixo rendemento e mala fe contractual) están fundamentados en embustes que nin tan sequera tratan de disimular. Pola experiencia acumulada, somos quen de aseverar que Atento vai recoñecer a improcedencia dos despidos, que parecen ser produto dun acordo con Movistar para reorganizar parte do Servizo Pymes a costa de emprego aínda máis precario. De certo, non é que non haxa traballo: mentres que no centro da Coruña despiden a dúas compañeiras, Atento oferta dez vacantes para unha campaña de Iberdrola na que podería recolocar perfectamente as despedidas, se houbese boa vontade por parte da empresa.

Ademais, coincidindo cos despidos en Lleida, Atento sancionou a un delegado da CGT por defender ás traballadoras, co único fin de amedrentar a este sindicato e evitar que sigamos denunciando as afrontas, abusos e destrución premeditada do emprego de Atento e Movistar, que amparadas polas leis laborais fan e desfán a golpe de talonario.”

Tras o esforzo das e os traballadores en adaptarnos ó traballo a distancia, poñendo os nosos propios medios e sin recibir compensación económica algunha polos gastos derivados, Movistar e Atento págannos con o seu desprezo aproveitando a lasitude das leis laborais, que avalan a destrución premeditada de emprego. Falamos de despidos sen causa porque Atento, coa complicidade necesaria de Movistar, desfáise das traballadoras sen tan sequera disfrazar os seus embustes. A totalidade dos despidos é unha farsa de mentiras alegando un falso baixo rendemento ou a transgresión da “boa fe contractual”. Como exemplo, o despido de varias compañeiras que cumprían dabondo cos obxectivos produtivos impostos por Atento, feito polo que se percibe unha retribución adicional. Outro caso é o de unha afiliada á CGT que se atopou cunha carta de despido acusándoa de excederse no tempo de descanso durante un período de 10 xornadas… das que só traballou a metade.

Como xa no seu momento fixo Movistar a estratexia de Atento é precarizar ainda máis o lucrativo negocio dos centros de chamadas, destruíndo postos de traballo necesarios (cando lles interesa, hasta esenciais) para crear outros aínda máis empobrecidos e con menos dereitos laborais, a través de ETTs.

En resposta a esta situación, a CGT promoverá movilizacións en protesta polos depreciables despidos, coñecedora de que só desde xeito poñeremos freno ós abusos empresariais e a codicia de Movistar e Atento. Con esa decisión, a CGT de Coruña convocou e realizou una primeira concentración o sábado, día 13, as 12 da mañá diante da tenda de Movistar da praza de Pontevedra para protestar polos infames despidos e esixir o cese da represión sindical e laboral.

Sección Sindical da CGT en Atento – A Coruña

O Comité Local do SUTSO de Pontevedra-CGT convocou unha concentración en solidariedade coa plantilla e as Sección sindicais de CGT en Atento – Movistar, para o xoves, 18 de marzo, ás 6 da tarde diante da tenda de Movistar, na rúa Michelena.

Comité Local de CGT-Pontevedra

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *