OS ZAPATISTAS NAVEGAN CARA VIGO
O 2 de Maio partiu de Isla Mujeres, México, o veleiro de 38,5 metros de eslora La Montaña. La montaña esta cruzando el océano Atlántico cara o seu destino final, o porto de Vigo. La montaña transporta ao Escuadrón 421, a primeira delegación de zapatistas que chegará a Europa. Dos aproximadamente 160 zapatistas que se achegarán a Europa, este escuadrón está formado por 4 mulleres, 2 homes e 1 otroa.
A CGT de Galicia, xunto con unha morea de persoas e colectivos está a preparar o recibimento e acollida dos zapatistas. En Pontevedra convocamos unha xuntanza aberta a toda a persoa ou colectivo que quixera participar na preparación e difusión de A Xira Pola Vida, que é como chamou o EZLN a esta invasión á contra que quere compartir e sementar a rebeldía en Europa, 500 anos despois da caída de Tenochtitlán.
O próximo xoves ás 18:30 celebraremos unha segunda xuntanza no Liceo Mutante, rúa Rosalía de Castro, 100, Pontevedra. Se queres colaborar, acude.