VI Época - 41

SERVIZO DE ATENCIÓN A DOMICILIO EN GALICIA

Contra os despidos na empresa Samain / Clece

Traballadoras do Servizo de Atención á Dependencia no Fogar de Chantada e Ourense, apoiadas pola Plataforma SAF Galiza, convocan manifestacións os vindeiros días 22 de maio (Chantada) e 29 de maio (Ourense) contra os despidos arbitraros e represivos de sete traballadoras, todas elas en baixa laboral. A continuación o comunicado das traballadoras.

Dende os grupos de traballadoras do Servizo de Atención á Dependencia no Fogar de Chantada e Ourense, apoiadas pola Plataforma SAF Galiza, convidamos os vindeiros días 22 de Maio ás 12 da mañá no Concello de Chantada e o día 29 de Maio, ás 12 horas da mañá en Ourense, ós diferentes colectivos, asociacións, sindicatos e tódalas organizacións interesadas nas melloras das condicións no eido da dependencia, tanto cara ás persoas dependentes como ás traballadoras sociosanitarias.

As nosas mobilizacións na rúa débense ós despidos que a empresa Samain / Clece efectuou nestes municipios a 7 traballadoras, estando todas elas en condicións de baixa laboral. A isto súmase a marxinalidade e precariedade a que nos someten dende as institucións, contratando a empresas privadas un servizo que tiña que ser público, derivando en diferentes incumprimentos laborais e lexislativos neste sector maioritariamente feminizado e polo tanto discriminado.

Estas mobilizacións rematarán o día 27 de Xuño cunha convocatoria con todos os sectores da dependencia, residencias, centros de día e S.A.F. en Compostela, polo que solicitamos o voso apoio e participación. Si Son Negocios, Non Son Coidados

https://safchantada450156131.wordpress.com/ 

NOTA: En resposta a este chamamento as Federacións Locais de CGT de Pontevedra e Vigo, organizarán un autobús de solidariedade para acudir a Chantada o día 22 (Vigo-Pontevedra-Chantada, saída de Vigo as 9:00h e Pontevedra 9:20h). Para apuntarse, en Pontevedra: Secretaría de Organización (Damián), tf. 628 685 445

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *