ASAMBLEA DO ATENEO LIBERTARIO DE PONTEVEDRA

O Ateneo Libertario de Pontevedra convoca unha asamblea aberta para o domingo, 27 de xuño, ás 19:00 no Salón de actos do Edificio sindical de Pontevedra (rúa Pasantería, 1).

O propósito da asamblea sería reelaborar/repensar de maneira colectiva o funcionamento do Ateneo e, sobre todo, que a xente que queira poida aportar as súas ideas e propostas. Polo tanto, sen fixar a orde do día elaborada, dividiremos a xuntanza en dúas partes: comezaremos cunha pequena exposición informativa sobre o funcionamento actual do Ateneo e despois seguiremos coa asemblea aberta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *