II FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA DA CORUÑA
Publicacións, editoriais e actividades arredor do ecoloxismo libertario
O colectivo “Refuxios da Memoria” e mais a editora libertaria da “Coruña Bastiana” organizan a II Feira do Libro Anarquista da Coruña. Esta edición, que consolida o evento a nivel estatal, centrará o foco no ecoloxismo libertario, nunha reflexión arredor da crise do sistema capitalista e as súas consecuencias –quecemento global, perda de biodiversidade en todo o planeta, dificultade de acceso a recursos básicos para cada vez máis capas de poboación…–, pero tamén quere facer análise dos procesos de resistencia e autodefensa que se están a desenvolver nos distintos territorios e das saídas alternativas ao escenario de colapso ecosocial que se albisca.
Entre o sábado 9 e ata o domingo 10, editoriais e colectivos libertarios da península ibérica e Italia traerán as súas publicacións ao mercado da FLAC, que estará instalado na rúa coruñesa de Boquete de Santo André. O programa se completa cunha quincena de presentacións e faladoiros que comezará xa o venres, día 8
Venres, 8 setembro – Ás 20:00h, no Boquete de Santo André, de onde partirá un roteiro pola “zona cero do libro anarquista galego”, no barrio do Orzán.
Sábado, 9 setembro: O Circo de Artesanía será a sede da primeira destas actividades paralelas. Darán comezo o sábado, 9, ás 12:00h co encontro en formato entrevista entre o politólogo Carlos Taibo e a tamén politóloga María Castelo, que se presenta baixo o título “O colapso em verde”. Nesta mesma localización terá lugar, ás 18 horas, a palestra “Véspera de nada: asociación por unha Galiza sen petróleo”, con Begoña de Bernardo. Ás 19 horas, presentación da revista “15-15-15” e do recital do poemario decrecentista “Fuxidía mañá”, de Rodrigo Osorio. Ás 20 horas, con Aranza González, de Aldeas Libres de Macroeólicos, e o faladorio “Mobilización cidadá: do asociacionismo local ao traballo cooperativo”.
Ás 13:00h, no restaurante Al Wahab, Marta Romero-Delgado, presentará “Lucy Parsons (1851-1942): antología de una anarquista olvidada”, da editorial Imperdible.
Ás 13.30h, a autora Iria Bragado falará no pub El Siglo de “Versos violentos”, da editorial Saurobuks. Ás 16.30h, na mesma localización, Mário Rui, da editorial Barricada de Livros, presenta “Nem obedecer, nem comandar – Un léxico libertario”, de Francesco Codello
Ás 17.30h será a quenda de Sergi Onorario Esteve, da editorial Descontrol, sobre a publicación “Ayuno digital”, da que é autor.
Ás 18.30h “De ludditas a nerrurales. Anarquismo, ecología y la crítica del progreso”, un percorrido pola andaina da editorial El Salmón, da man de Salvador Cobo.
Domingo, 10 setembro: Ás 12 horas, no Circo de Artesanía, Juako Escaso, da Editorial La Neurosis o Las Barricadas, presentará “Anarquía natural. Teoría y práctica del naturalismo libertario en el estado español”. E ás 13 horas, o colectivo Refuxios da Memoria dará a coñecer o seu clube de excursionismo libertario Velaí Vai.
No local Ama, ás 17:00h, Gregorio Iglesias, do Grupo Higinio Carrocera, conducirá a presentación da obra “De B. Traven a Ret Marut lo que hay es una vida”.
Na Cova Céltica, ás 19.30h, Francisco Xavier Redondo Abal, exporá as liñas principais de “El movimiento libertario español visto por la Policía franquista”, que edita a Fundación Anselmo Lorenzo.
No Meliora, ás 20.30h, Eliseo Fernández, abordará a obra “Psiquiatría, corrupción e loita de clases: a folga do manicomio de Conxo en 1933”, da editorial Piedra Papel Libros.
O Bar 13 acollerá, ás 21 horas, a presentación de “Hopepunk: unha visión esperanzadora do mundo”, con Nieves Delgado e Manuel Moledo.