VII Época - 26

AMPLIAR A ORGANIZACIÓN DA SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO INTENSIFICAR A RESPOSTA SOCIAL EN PONTEVEDRA

II Asemblea aberta “Acción Palestina Pontevedra” – 22 de febreiro, ás 20:00 h

Celebrada en Pontevedra, o pasado día 8 de febreiro, no salón de actos do edificio sindical (Pasantería, 1) a primeira das reunións da asemblea aberta convocada para “ampliar a organización da solidariedade co pobo palestino e intensificar a resposta social na nosa cidade e bisbarra”, as distintas organizacións e colectivos presentes, convocan a II Asemblea aberta, para o xoves, 22 de febreiro, as 20:00h, no mesmo lugar da anterior, no salón de actos do edificio sindical.

A “Asemblea aberta – Accións Palestina Pontevedra” reitera o seu chamamento ó conxunto do movemento social reivindicativo e solidario de Pontevedra, e a todas as súas organizacións, tecido asociativo, colectivos e personalidades a que se incorporen a esta xusta loita por parar o xenocidio decretado do pobo palestino.

Asemblea aberta “Accións Palestina Pontevedra”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *