VII Época - 26

CICLO DE POESÍA, CINE, ARTE E SOLIDARIEDADE: “PALESTINA”

21 F: Bab el shams (A porta do sol). 1ª parte. A saída, de Yousry Nasarallah

No marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, ten lugar en Pontevedra na Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12) o Ciclo de poesía, arte, cine e solidariedade, baixo o lema “Non o xenocidio. Solidariedade con Palestina”. O programa inclúe o ciclo cinematográfico “Palestina”, cuxa segunda sesión terá lugar este mércores, 21 de febreiro, ás 20:00h, coa proxección do Filme: Bab el shams (A porta do sol). 1ª parte. A saída, de Yousry Nasarallah (dirección e guión), adaptada da novela do escritor libanés Elias Khoury,

Dada a duración da película (265 minutos), a proxección do filme realizarase en dúas sesións. A segunda parte, subtitulada polo autor como “O regreso” proxectarémola o seguinte mércores, 28 de febrero.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *