VII Época - 29

PONTEVEDRA, 14 DE MARZO XORNADA DE LOITA E SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

Todo avanza en Pontevedra cara a realización o 14 de marzo da xornada de folga nas administración públicas e mobilización xeral en solidariedade con Palestina. ¡Paremos o xenocidio e crimes de guerra que ven executando Israel, coa complicidade activa e financiación da súa actividade criminal polo goberno da Unión Europea e o estado español! ¡Loitemos ata lograr o fin de apartheid, colonización e ocupación militar de Palestina! ¡Boicot e sancións a todas empresas que manteñan e amparen o comercio de armas con Israel ou colaboren na colonización ilegal de terras palestinas!

11 marzoCONCENTRACIÓN – CGT-Pontevedra participará e chama a toda a súa afiliación a acudir á concentración, “STOP Xenocidio / Palestina vencerá!”, convocada por BDS, Asociación Galaico Árabe Jenin, Galiza por Palestina e Mar de Lunes, o luns, 11 de marzo, ás 20:00h, na Praza da Peregrina.

11, 12 e 13 marzo, ASAMBLEAS – Convocadas por CGT, continúa a realización de asambleas e actos informativos, reparto de octavillas, carteis e chamamentos cara a folga do 14 marzo nos diferentes centros de traballo das administracións públicas e centros de ensino secundario e universitarios.

12 marzo, 14:00h, ASAMBLEA ABERTA – Convocada polos grupos e colectivos “Pontevedra con Palestina”, dos que CGT forma parte, no patio interior da Facultade de Belas Artes, as 14:00h, terá lugar a Asamblea, na que “falaremos da folga deste xoves e das nosas posibilidades de acción dende a facultade e como artistas”.

14 marzo, FOLGA NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS – Celebración da folga de 24h convocada por CGT-Pontevedra no ámbito do concello de Pontevedra en todas as administracións do Estado: central, Xunta de Galicia, Deputación e Concello de Pontevedra, centros educativos de Ensino Secundario e Formación Profesional, centros universitarios e Correos.

14 marzoMANIFESTACIÓN – A CGT de Pontevedra e os colectivos e grupos “Pontevedra-Palestina” convocan unha manifestación aberta. Saída ás 20:00h dende a rúa Loureiro Crespo (fronte o Hospital) a recorrerá rúas principais de Pontevedra, para rematar diante da subdelegación do goberno, coa lectura dos posicionamentos respectivos das organizacións e grupos participantes que queiran intervir.

Comunicación: CGT Pontevedra

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *