VII Época - 34

1º DE MAIO 2024. MANIFESTACIÓNS DA CGT EN GALICIA

Manifestación 1º de maio na Coruña

Mobilización conxunta de CGT, CNT, CUT e Sindicato de elevación

O próximo Primeiro de Maio, Día Internacional dos Traballadores, CGT, CNT, CUT e Sindicato da Elevación convocan unha manifestación que terá a súa saída ás 12:30 na praza de Pontevedra da Coruña e rematará na praza de España. O lema da pancarta de cabeceira será “CONTRA O XENOCIDIO DO POBO PALESTINO, A MILITARIZACIÓN E A GUERRA”, e con el preténdese denunciar o que está a ocurrir non so en Gaza, con Estado de Israel asasino ante a indiferencia internacional, senón o incremento dos discursos que chaman á militarización, metendo o medo na poboación, incrementando os presupostos militares y mesmo sacando a pasear o coco da mili obrigatoria. Tamén a manifestación terá como finalidade a denuncia da situación da clase obreira que, a pesar de contar co “goberno máis progresista da historia”, non ven melloras sustanciais na súa situación, dado que se manteñen as maiorías das reformas laborais anteriores e asuntos como a Lei Mordaza está aínda sen arranxar.

A CGT da Coruña fai un chamamento á afiliación, simpatizantes e pobo en xeral a que participe nesta manifestación, que reafirme a súa pertenza á clase obreira e que berre con nós:

VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!

VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!

CONTRA O XENOCIDIO PALESTINO,

A MILITARIZACIÓN E A GUERRA!

Manifestación de CGT-Pontevedra no 1º de Maio

Precariedade e sinistralidade laboral … o capitalismo culpable.

Internacionalismo e solidariedade con Palestina”

A CGT-Pontevedra, convoca a manifestación do 1º de Maio, con saída a las 12:45h, dende a rúa Loureiro Crespo, 1 (fronte ó Hospital Provincial), ata a Subdelegación do goberno, na Praza de España, co dobre lema en pancarta de cabeceira: “Precariedade e sinistralidade laboral … capitalismo culpable. Internacionalismo e solidariedade con Palestina. A loita continúa”.

Con este lema, CGT Pontevedra expresa, en primeiro termino, a denuncia e mobilización da CGT pontevedresa, contra o feito de que cada día morran en ‘accidente’ laboral neste país de media máis de dous traballadores e máis de dez resten mutilados ou incapacitados por moitos anos ou definitivamente. Tamén a manifestación terá como obxectivo a denuncia e permanente mobilización contra a sanguenta colonización, réxime de apartheid e xenocidio que Israel ven levando a cabo sobre o indefenso pobo palestino, coa complicidade necesaria de Estados Unidos e da Unión Europea, en ámbolos dous casos por interese propio das súas clases dirixentes. Un interese privado, de caste, rexido pola expansión do réxime capitalista no económico, do militarismo no xeoestratégico, da acción criminal no político-xurídico e do totalitarismo tecnolóxico fascistoide no social.

Manifestación 1º de maio en Ourense: “Unidade e acción”

Mobilización conxunta de CGT, CNT, CUT e S.F.- Intersindical

Este 1º de Maio, baixo o lema “Unidade e acción”, as organizacións sindicais, CGT, CNT, CUT e Sindicato Ferroviario – Intersindical, convocan unha manifestación unitaria en Ourense que terá a súa saída ás 11:30h na Ponte romana e rematará na praza de España.

Manifestación 1º de maio en Vigo

Mobilización conxunta de CGT, CUT e S.F.- Intersindical

O 1º de Maio as organizacións sindicais, CGT, CUT e Sindicato Ferroviario – Intersindical, convocan unha manifestación unitaria en Vigo que terá a súa saída ás 11:00h dende a praza Fernando o Católico en Via Norte ata a Porta do Sol. Os carteis de convocatoria da CGT de Vigo, levan por lema “Recupera a túa vida”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *