VII Época - 50

9 DETENCIÓNS, 0 EXPLICACIÓNS

Contra o sionismo e a represión policial e xudicial

Pontevedra Con Palestina, Rede Galega pola Palestina, Ateneo Libertario, Centro Social A Pedreira, Colectivo Pro-Palestino Redondela e CGT de Pontevedra, convocan o luns, 28 de outubro, as 20:00h, na praza da Peregrina, unha concentración en solidariedade coas compañeiras e compañeiros detidos pola policía e ameazados polo aparato xudicial, por manifestarse en Santiago o 6 de outubro pasado contra o xenocidio do pobo palestino e agora ameazados

28 0utubro, 20:00h, na Praza da Peregrina

CONCENTRACIÓN

Porque a loita é o único camiño. Solidariedade coas detidas!

Dende o río ata o mar, Palestina vencerá!

O pasado 6 de outubro tivo lugar unha manifestación en Compostela coa intención de reafirmar a solidariedade galega co pobo palestino ao cumprirse un ano dende que Israel, co apoio militar e financeiro das multinacionais e os gobernos occidentais de EEUU e a UE, intensificou a súa ofensiva xenocida sobre Gaza.

Ao remate desta marcha, que transcurriu sen incidentes, algunhas manifestantes desprazaronse ata o Burger King situado na rúa Senra para unha acción de boicote que tiña como obxectivo denunciar a colaboración desta empresa co exército israelí. A pesar de que a devandita acción tamén se desenvolveu de xeito pacífico e sen incidentes, cando as manifestantes empezaban a disolverse a policía cargou fortemente contra elas, sen provocación previa, e causando varias feridas ademais da detención de 5 activistas. Unha vez foron trasladadas a comisaría, levouse a cabo alí outra concentración de apoio, producíndose unha segunda carga policial, onde foron detidas 4 persoas máis, saldándose o día con 9 persoas detidas, que tras pasar o día nos calabozos e grazas á axuda e mediación das avogadas puideron saír ese mesmo día pola noite, varias delas previo paso polo hospital para ser recoñecidas por diversas lesións causadas pola brutalidade policial.

Nos días seguintes xornais como La Voz de Galicia ou El Correo Gallego convertéronse en altofalantes para as mentiras do Sindicato Unificado de Policía, que afirman que hai 9 axentes feridos e acusan ás nosas compañeiras de atacar á policía. Con todo, os vídeos publicados por outros medios de comunicación amosan e demostran que a única violencia aquel día foi a dos axentes, que cargaron de xeito totalmente inxustificado contra veciños desarmados e en actitude festiva, silenciando a golpes e empurróns as voces que sinalaban a Burger King por condimentar a súa noxenta comida co sangue de milleiros de persoas palestinas, libanesas, iemenís ou sirias masacradas polo terrorismo sionista de Israel e a OTAN.

Os mandatarios e as corporacións que enchen o seu peto abastecendo a maquinaria de guerra israelí non queren que as súas miserias saian á luz, pero nós non imos calar. Sabemos que este episodio enmárcase na escalada represiva que en xeral experimenta o movemento de solidarie-dade coa Palestina tamén noutras zonas de Europa como Francia, Alemaña ou Italia, pero o medo vencémolo xuntas e con-tinuaremos sinalando aos responsables, e esixindo Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra Israel.

Porque a loita é o único camiño. Solidariedade coas detidas!

Dende o río ata o mar, Palestina vencerá!

Pontevedra Con Palestina, Rede Galega pola Palestina, Ateneo Libertario, Centro Social A Pedreira, Colectivo Pro-Palestino Redondela e CGT de Pontevedra

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *