CHAMAMENTO DA SECCIÓN SINDICAL DE CORREOS DE PONTEVEDRA-CGT
26 F: ¡Tod@s á folga! ¡Estes recortes temos que paralos!
5M: ¡Folga e manifestación zonal da Área Noroeste, en Santiago!
A CGT manifesta o seu absoluto rexeitamento ao inminente Acordo Marco que teñen previsto firmar o próximo 15 de marzo a empresa de Correos e as corporacións burocrático-sindicais CCOO-UGT-Sindicato Libre. A CGT, en todo o estado español, convoca unha serie de movilizacións e folgas, nas que participan e co-responsabilizan as Seccións sindicais de Correos de CGT de Galicia. Este Acordo propón unha revisión de case a totalidade do III Convenio Colectivo, dende a xornada, vacacións, retribucións ate a clasificación profesional. Todo elo nunha ‘negociación’ feita en tempo récord e completa opacidade, de costas ao conxunto das traballadoras e traballadores.
A Sección sindical de Correos de Pontevedra-CGT fai un chamamento a toda a plantilla para que participe na folga xeral do día 26 de febreiro e que, ese mesmo día, ás 11 da mañá, se manifeste diante das portas do edificio de Correos na rúa da Oliva.
O próximo 5 de marzo, baixo o mesmo lema, ¡Non ao ‘documento’ marco! ¡Estes recortes temos que paralos!, a Sección sindical provincial de CGT Correos, disporá de un autobús para a asistencia das traballadoras e traballadores de Correos á manifestación zonal que terá lugar en Santiago de Compostela.
Sección sindical provincial de Pontevedra – Correos CGT