15 MAIO, ‘MARCHAS DO RETORNO’ EN GALICIA
77º Aniversario do inicio da Nakba palestina
No vindeiro xoves, 15 de maio, terán lugar as “Marchas do Retorno”, unha serie de mobilizacións nas sete cidades galegas convocadas no 77º aniversario do inicio da Nakba (Catástrofe), proceso de expulsión e exterminio do pobo palestino por parte do réxime nacional sionista.
As “Marchas do Retorno” na Galicia conmemoran simbolicamente as masivas mobilizacións que, autodenominadas así pola propia organización no seu momento, que tiveron lugar en Palestina entre 2018 e 2019, nas que se reclamaba o dereito de retorno. Empregando as chaves como símbolo da esperanza do pobo palestino de retornar aos seus fogares, as principais cidades galegas súmanse a esta acción solidaria.
A Rede Galega pola Palestina, formada por agrupacións e persoas solidarias co pobo palestino en toda a Galicia impulsa esta convocatoria. Estas son as manifestacións convocadas na Galicia:
A Coruña: 19,30h, Obelisco dos Cantóns
Ferrol: 19,30h, Praza Vella
Lugo: 20:00h, Delegación provincial da Xunta, Ronda da Muralla, 70
Ourense: 20:00h, Subdelegación do goberno, Parque de San Lázaro, 1
Pontevedra: 19,30h, Rúa Loureiro Crespo, 2 (fronte Hospital Provincial)
Santiago de Compostela: 20,30h, Praza 8 de marzo
Vigo: 20:00h, Oliveira, Paseo de Alfonso XII
Fonte: Rede Galega por Palestina e CGT Pontevedra
