VII Época - 83

15O: FOLGA XERAL E MOBILIZACIÓN EN GALICIA

Paramos 24h por Palestina

A Federación Xeral de Sindicatos de Palestina e a sociedade palestina, fixeron un chamado internacional para que a clase traballadora do mundo fagamos todo o posible para deter o intento de exterminio do seu pobo e deter o xenocidio.

Respondendo a este requirimento, a CGT de Galicia convocou no seu ámbito unha folga xeral e xornada de mobilización o 15 de outubro.

Van chegando a esta redacción de La Campana, notificación de algunhas das convocatorias locais de CGT.

Pontevedra, cidade: Folga xeral 24h, organización de piquetes informativos e manifestacións. Ás 12:00h da mañá, con saída da Praza da Ferrería, participación na manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes. Ás 20:00h, con saída da Praza da Peregrina ata a oliveira plantada en solidariedade e apoio a resistencia do pobo palestino nos xardíns fronte a subdelegación do goberno, manifestación en convocatoria unitaria (todos os sindicatos convocantes de paros e folga) e apoio dos movementos sociais da cidade solidarios con Palestina.

 

A Coruña: Folga xeral 24h “Parar. Parar o Xenocidio”, organización de piquetes informativos e manifestacións, ás 12:00h con saída do Obelisco e as 19:00h, dende a Delegación do goberno. Convocan: CGT, Sindicato de Barrio A Falperra–Os mallos, CNT, CUT, CO.BAS e BDS.

Ferrol: Folga xeral 24h. Concentración traballador@s do sector naval, na porta principal de Navantia, ás 10:00h. Manifestación do Sindicato de Estudantes, as 12:00h, no edificio da Xunta. Mobilización, “Fascismo nunca máis”, na praza de Armas, ás 20:00h, co apoio de CC OO, CGT, CIG e UGT.

Ourense: Folga xeral 24h. Mobilización ás 7 da tarde na Praza das Mercedes, en convocatoria unitaria de CUT, CNT, BDS e CGT

Vigo: Folga xeral. Manifestación ás 19:00h con saída dende Fernando El Católico ata a Porta do Sol. Convocan as organizacións sindicais CGT, CNT, CUT, STG, BDS e MODEPEN..

Redacción de La Campana

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *