78 ANIVERSARIO DA PARTICIÓN DE PALESTINA
29 novembro, manifestación-roteiro en Pontevedra
A CGT de Pontevedra, conxuntamente con Pontevedra con Palestina e a Rede Galega pola Palestina, baixo o lema “Embargamento de armas integral e ruptura total de relacións con Israel”, convocan unha manifestación-roteiro en Pontevedra, que, sairá o 29 de novembro, [Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino, no aniversario da funesta participación de Palestina, en 1948] da rúa Loureiro Crespo (fronte o Hospital), as 20:00h.
No recorrido, a manifestación-roteiro polas rúas principais da cidade, fará paradas diante de empresas que colaboran co xenocidio do pobo palestino e o réxime de apartheid, ocupación, roubo e sanguenta colonización israelí de territorios palestinos: Zara (r/ Benito Corbal); Carrefour (r/ Oliva); Bancos Santander e BBVA (r/ Gutiérrez Mellado), Burger King (Praza Curros Enríquez) e Universidade (r/ Filiberto).
A manifestación rematará fronte a subdelegación do Goberno, na Praza de España, diante do olivo prantado en solidariedade con Palestina. Intervirán representantes das organizacións convocantes e da poboación mobilizada de Pontevedra.