A FLOTILLA SEGUE, A PESAR DA UE
O noso amigo e compañeiro dos movementos sociais, Duarte Ferrín, Edi, enviounos a esta redacción unhas palabras de denuncia e rexeitamento á Unión Europea, pero a súa vez de convicción e determinación. Foi como unha premonición, dous días despois o barco no que navegaba foi asaltado pola armada israelita en augas internacionais, antes de entrar en Creta. Non os secuestraron, estragaron o motor e deixáronnos a deriva. Afortunadamente o barco de Open Arms que acompaña a flotilla puido rescatalos e remolcalos. Agora, con determinación, traballan na reparación do barco para seguir a travesía e rachar co bloqueo a Gaza.
Mentras a vida de Edi, e as súas compañeiras de barco, corría un grave perigo, polo mar abaixo e sen sistema de comunicación, a armada Israelita secuestraba a 175 participantes da flotilla e estragaba outros 21 barcos. As autoridades gregas deixaron facer, xa sexa por medo ou connivencia pero en ningún caso aplicaron a potestade que se lle outorga para a protección da vida, da lei e do dereito internacional.
O asalto inundou a prensa de todo o mundo, non fai falla repetir os acontecementos nestas páxinas. Pero si, é necesario amosar unha fonda preocupación por Saif e Thiago, os dous activistas que agora están na cárcere de Ashkelon, na Palestina ocupada, onde permanecen illados. Mentras, a flotilla reorganizase no mar grego, fondeada, para navegar cara a seguinte etapa, Turquía.
Estas foron as palabras que nos deixou Edi:
Hoxe, 27 de abril, un día despois de saír de Sicilia, lemos perplexas que desde Bruxelas, Eva Hrncirova, portavoz da área de axuda humanitaria da Comisión Europea, aconsella á Flotilla non seguir adiante coa acción humanitaria e non violenta de rachar co bloqueo a Gaza. Di que o fai por razóns de seguridade para as participantes.
É curioso e demencial que se dirixan a nós, para garantir a nosa seguridade, as posíbeis vítimas, e non se exixa duramente ao estado xenocida, que respecte ás campañas de axuda humanitaria, como é a Flotilla.
A UE limítase a pedir tímidamente e sen dirixirse explicitamente ao estado xenocida que se respete a lexislación sobre navegación en augas internacionais.
Esta advertencia á Flotilla normaliza e prepara o camiño mediático para amortiguar o impacto de cualquer actuación violenta que ejerza o estado xenocida de Israel contra a Flotilla e dálle a cobertura que necesita este como verdugo. Esta atitude da por feito que nos poden atacar con toda impunidade.
Lémbrannos tamén, desde a UE, que eles xa teñen estratexias para levar axuda humanitaria, din que contan con iniciativas de apoio para prestar axuda ás gazatíes e que teñen un contacto regular con Israel sobre esta cuestión.
Tal e como está a situación en Gaza, de extrema urxencia humanitaria, con meniñas morrendo de fame e frio, todo indica que estas iniciativas da UE, non serven absolutamente para nada. Cun estado xenocida non valen os contactos regulares ou as conversas, que o único que provocan é darlle lexitimidade aos xenocidas, hai que tomar outro tipo de medidas como romper toda relación diplomática e comercial con Israel, bloquear a entrada de armamento e tecnoloxía bélica, a imposición de sancións e, por suposto, captura e condena de todos os responsábeis dos crimes de lesa humanidade cometidos en Palestina.
Este domingo 26 de abril a Flotilla levantou áncoras en Sicilia para dirixirse a Creta, con 56 barcos e 404 participantes a bordo. Dirixímonos cara Creta, onde se unirán os barcos gregos.
Cada día que pasa os ánimos están máis altos e temos máis gañas de chegar a Gaza entregar a axuda humanitaria e abrir un corredor permanente por mar.
Sentímonos arroupados por toda a xente que nos apoia desde terra, desde os distintos currunchos do planeta, onde inda queda xente que pensa que outro mundo é posíbel.
É a sociedade civil or-ganizada a que ten que provocar os cambios precisos para construir entre todas, sociedades baseadas na xus-tiza e na solidariedade.
Duarte Ferrín desde a Flotilla
