SALVEMOS A ESCOLA DE CANTEIROS

O pasado sábado, 17 de outubro, alumnos e exalumnos da Escola de Canteiros (Poio) dispuxeron diante do Concello de Pontevedra, na Praza de España, unha mesa de recollida de sinaturas e punto informativo, reclamando a solidariedade da sociedade pontevedresa para lograr o recoñecemento profesional e homologación da formación adquirida ó longo de 5 anos.

Atendendo a este chamamento, o Comité Local de CGT Pontevedra, acordou transmitirlle o seu apoio en todo o que demandasen, pois a reclamación era xusta e necesaria. Reproducimos o escrito que acompaña a petición de sinaturas solidarias, engadindolle unha breve nota da CGT pontevedresa.

A Escola de Canteiros, actualmente situada na Caeira (Poio), pertence a Deputación de Pontevedra, e actualmente se atopa en grave perigo de desaparición por falta de alumnado.

Foi creada en 1979, cunha formación de 5 anos, única polas súas características; os seus exalumnos teñen traballado en construcións singulares coma a Catedral de Santiago, a Sagrada Familia de Barcelona, o Big Ben de Londres, o Capitolio de Roma …

Cun orzamento anual de 1 millón de euros, conta hoxe só con 11 alumnos en toda a escola. A causa disto é a falta de Homologación, xa que o título ten unha validez nula e non se pode incluír no currículo do Servizo Público de Emprego e outros do estranxeiro.

O ministerio de Educación de España, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Dirección da Escola, nestes 40 anos, non se preocuparon de homologala, pero sí en exercer una COMPETENCIA DESLEAL con encargos feitos según os seus intereses que interrompen o plan de estudos, e desfavorecen a os exalumnos e empresas do sector.

Para iso pedimos a homologación do título de CANTEIRO e a creación de unha cualificación específica no INICUAL para MESTRE CANTEIRO, nun grado medio e superior de formación profesional e o recoñecemento de todos os títulos expedidos ós exalumnos.

Agradecemos a todos os cidadáns a súa solidariedade e colaboración na recollida de sinaturas, para conseguir a homologación, e rescatar a unha escola, que xa forma parte importante do Patrimonio cultural galego.

poiocanteiros@yahoo.com

Facebook: Canteiros Poio

NOTA (Fonte: CGT Pontevedra): No ‘Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales’ (CNCP) español están recoñecidos e definidos -número de horas de formación, contido, programa, competencias profesionais e académica, habilitacións, etc- cando menos os seguintes ciclos, en relación directa con Certificados de Profesionalidade relativos a traballos de cantería e escultura en pedra:

Ciclo Formativo de Grado Superior de “Artes Plásticas y Diseño en Artes Aplicadas de la Piedra”, que na actualidade, poden seguirse en Madrid, Oviedo e Sevilla.

Ciclo Formativo de Grado Medio de “Piedra natural”, que actualmente, pode seguirse en Almería, Lérida e outros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *