FOLGA EN ATENTO CORUÑA
O Comité de empresa de Atento en A Coruña (do que forma parte a CGT) convoca un paro de 24 horas o 7 de decembro e continúan os paros parciais de duas horas dos venres seguintes “para dicir que queremos seguir protexendo a nosa saúde e a do noso entorno familiar queremos que as e os compañeiros castigados sexan devoltos ás súas casas; xa houbo un caso positivo na plataforma e enviaron persoas á corentena preventiva e isto podía evitarse”.
Comunicado: Dende o mes pasado, a empresa decidiu castigar a algúns traballadores e traballadoras do SST polos datos de satisfacción que, como sabemos, case nunca son responsabilidade nosa, xa que os clientes responden ás enquisas de satisfacción avaliando negativamente a Movistar, non ás persoas que atendemos as súas chamadas. Dende entón, convocamos paros laborais os luns e venres xunto cunha folga de 24 horas. A empresa deu a calada como resposta e tamén notificou a máis compañerias e compañeiros a volta ó traballo presencial, argumentando tamén datos de mala calidade.
Entendemos que a empresa non vai parar este disparate e está disposta a expoñer a nosa saúde facéndonos volver á plataforma, con todo o que iso implica (reutilización do transporte público, coincidencia nas zonas comúns, ademáis de traballar todo o día con máscara posta). Para o Comité, calquera seguimento que se faga na plataforma pódese levar a cabo en modo «on line» porque xa o están a facer noutros servizos, polo que ningún dato xustifica que a empresa expoña a nosa saúde.
É hora de ser máis contundentes, de mostrar a Atento que, aínda que estamos na casa, non imos tragar con malas decisións que non están xustificadas. Porque se non detemos estas accións, empregarán o teletraballo como moeda de cambio para os seus intereses, en vez de usalo para protexer a saúde do seu persoal como tantas outras empresas nestes tempos de pandemia.
Polo tanto, convocamos un día completo de folga para o luns 7 de decembro. Día no que pararemos as 24 horas para dicir que queremos seguir protexendo a nosa saúde e a do noso entorno familiar queremos que as e os compañeiros castigados sexan devoltos ás súas casas; xa houbo un caso positivo na plataforma e enviaron persoas á corentena preventiva e isto podía evitarse.
Ademáis da xornada de 24 horas do luns, 7 de decembro, continuaremos cos paros, pero só os venres, é dicir, suspéndense os paros dos luns dende xa, pero mantemos os dous venres, 2 horas ó final das nosas xornadas laboráis
Comité de Empresa de Atento – A Coruña
En solidariedade coa Sección sindical de CGT Atento-A Coruña e a súa incansable loita, a CGT de Pontevedra convoca para ese mesmo día, 7 de decembro, unha concentración de apoio e difusión diante das oficinas de Movistar.