VII Época - 24

AMPLIAR A ORGANIZACIÓN DA SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO. INTENSIFICAR A RESPOSTA SOCIAL

CGT Pontevedra convoca e invita a unha asemblea aberta en Pontevedra: Xoves 8 de febreiro ás 20:00 h. Salón de actos do edificio sindical.

Ante a magnitude da infamia e o impulso ofrecido polas democracias occidentais ao xenocidio do pobo palestino e limpeza étnica perpetrados por Israel, xa non basta -aínda que siga sendo necesario, con maior intensidade se cabe- con manifestar a nosa solidariedade co pobo palestino e clamar contra o seu sufrimento.

Faise necesario e urxente usar todos os medios e instrumentos de que dispoñamos a sociedade civil e o movemento social para, na medida do posible, intensificar esa solidariedade organizándonos entre todas as persoas e colectivos de Pontevedra e arredores para poder protagonizar novas e máis intensas accións de solidariedade, boicot, desobediencia civil, bloqueo e insubmisión política.

En xeito de autoconvocatoria, chamámonos a todas as persoas e colectivos a esta asemblea. Tamén a difundir a convocatoria do xeito que cada quen estime máis acaido.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *