AMPLIAR A ORGANIZACIÓN DA SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO
Celebrada en Pontevedra, o 8 de febreiro, no salón de actos do edificio sindical (Pasantería, 1) a primeira das reunións da asemblea aberta convocada para “ampliar a organización da solidariedade co pobo palestino e intensificar a resposta social na nosa cidade e bisbarra”.
Como sinalaba a convocatoria inicial “Ante a magnitude da infamia e o impulso ofrecido polas democracias occidentais ó xenocidio do pobo palestino e limpeza étnica perpetrados por Israel, xa non basta -aínda que siga sendo necesario, con maior intensidade si cabe- con manifestar a nosa solidariedade co pobo palestino e clamar contra o seu sufrimento. Faise necesario e urxente usar todos os medios e instrumentos de que dispoñamos a sociedade civil e o movemento social para, na medida do posible, intensificar esa solidariedade, organizándonos entre todas as persoas e colectivos de Pontevedra e arredores para poder protagonizar novas e máis intensas accións de solidariedade, boicot, desobediencia civil, bloque e insubmisión política”.
Á reunión acudiron apenas unha vintena de persoas, entre elas representantes de distintos colectivos e organizacións sindicais e sociais. Entre o acordado, destacan:
Organizar a coordinación entre os presentes. Crear redes de grupos de contacto e intercambio de información.
Iniciar los primeiros grupos de traballo, a máis do de coordinación e comunicación. Entre as iniciativas mencionadas: realización de ‘vídeo – cine forum’ en base a documentais e filmes en relación á situación palestina; grupo de traballo que contacte cos institutos de ensino medio e centros universitarios.
Intensificar a campaña de boicot ás empresas con presencia na cidade colaboradoras co apartheid, colonización e xenocidio do pobo palestino
Impulsar a convocatoria de folgas e paros xerais ou parciais
Procurar a participación e colaborar con as convocatorias (concentracións, manifestación, xornadas de loita, charlas, accións reivindicativas, etc) que se anuncien.
Reunirse proximamente no mesmo lugar (edificio sindical) a II Asemblea aberta, incorporando novos colectivos, organizacións e compañeiras/os, para valorar e levar a cabo novas iniciativas.
Crónica, I Asemblea aberta “Accións Palestina Pontevedra”