VII Época - 78

BOICOT A ISRAEL NA VOLTA

CGT e “Pontevedra con Palestina”

Dende o pasado martes, CGT Pontevedra e a Plataforma “Pontevedra con Palestina” veñen realizando un chamamento á sociedade pontevedresa e galega, dirixido ao boicot da etapa pontevedresa da Volta Ciclista. Etapa nº 16, con saída de San Xoan de Poio e chegada ó Castro de Herville, no concello de Mos. A esta primeira convocatoria, seguiron as de outras organizacións e colectivos solidarios co pobo Palestino e contra o xenocidio do que está sendo vítima indefensa.

O próximo martes, 9 de setembro, a Etapa 16 da Volta Ciclista, sairá dende Poio e entrará no concello de Pontevedra pola ponte da Barca. Nesta etapa está anunciada a participación do equipo ciclista, “Israel – Premier Tech”, financiado e abandeirado por oligarcas sionistas vencellados ao xenocida goberno israelí.

CGT Pontevedra e a Plataforma “Pontevedra con Palestina”, en réxime de autoconvocatoria aberta a todas as organizacións e colectivos de Pontevedra, facemos un chamamento á sociedade galega e pontevedresa para que ese día, 9 de setembro, a partires das 12 da mañá, o maior número posible de persoas, amosando bandeiras e mostras de solidariedade co pobo palestino, nos poñamos de xeito pacífico e non violento, xunto á estrada e beirarrúas nos límites dos dous concellos, a ámbolos dous lados e no centro da rotonda de cabeceira da ponte da Barca.

Non queremos que polas estradas e rúas de Pontevedra circule un equipo ciclista, que representa ostentosamente ao Estado asasino de Israel nin que se empreguen as competicións deportivas internacionais para branquear o xenocidio do pobo palestino.

Pontevedra, 2 setembro 2025

Pontevedra con Palestina e CGT

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *