1º DE MAIO 2026, MANIFESTACIÓNS EN GALICIA
Manifestación 1º de Maio na Coruña
No marco do Día Internacional da Clase Traballadora, os sindicatos CNT, CGT, CUT e Sindicato de Elevación convocan unha manifestación unitaria na cidade da Coruña baixo o lema “Contra a guerra e o empobrecemento social”. Saída ás 12:30h na Praza de Pontevedra.
Neste día de loita e reivindicación para construir unha sociedade más xusta, a clase traballadora sairá ás rúas para denunciar a crecente explotación laboral, a crise da vivenda que nos expulsa dos nosos fogares, o xenocidio en Palestina, a violencia patriarcal, así como un sistema capitalista que perpetúa as desigualdades, a guerra e as súas consecuencias sobre os pobos.
Manifestación 1º de maio en Ourense
Convocada unitariamente polas organización sindicais CGT, CNT, CUT, STEG e Sindicato Ferroviario-Intersindical, a manifestación do 1º de maio en Ourense, co lema “Só unha clase: a clase traballadora internacionalista, antiimperialista e antifascista” sairá as 11:00h da Ponte Romana.
Manifestación 1º de maio en Pontevedra
Baixo o lema “Máis dereitos e menos privilexios. Nin guerra nin capitalismo”, o Sindicato Único de Trabajadores ‘Solidaridad Obrera’ (SUTSO) de Pontevedra-CGT convoca manifestación o 1º de Maio, con saída ás 13:00h dende o Hospital Provincial e remate nos xardíns da praza de España, o pé da oliveira prantada en abril de 2024 por CGT e Pontevedra con Palestina en homenaxe a resistencia do pobo palestino e contra o xenocidio, fronte a subdelegación do gobernó.
Manifestación 1º de maio en Vigo
O programa do 1º de Maio de CGT Vigo, inclúe, ás 11:00h, manifestación unitaria do sindicalismo alternativo, co Sindicato Ferrovaiario e a CUT, dende Praza Fernando o Católico por Urzaiz. As 13:00h, xantar reivindicativo na sede do sindicato.
Redacción de La Campana

