CGT Pontevedra – Junio 2026
Reuniones y actividad orgánica
Como viene siendo desde años atrás, todos los lunes del año, inicialmente a las 19:00h, se celebra reunión del Comité Local de CGT Pontevedra, a la que está invitada a participar toda la afiliación interesada, forme parte o no del Comité Local. En el curso del mismo, como siempre, recepción de propuestas de temas y agenda de La Campana del lunes o lunes siguientes.
ACTIVIDAD ABIERTA
(Pontevedra)
25 xuño, 20:00h – Organizado por CGT Pontevedra, coa colaboración da Fundación Cuña-Casasbellas, presentación polos seus autores do libro “Polas vítimas de onte, xustiza! Folga xeral, represión e estado de guerra na Coruña en 1901” (Edit. Bastiana, 2026) de Francisco Ascón e Daniel Palleiro. Será as 20:00h do 25 de xuño, na Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12)
Intervirán os autores do ensaio, presentados por Miguel Ángel Cuña.
Este ensaio histórico, publicado pola editorial Bastiana, analiza os sucesos de maio de 1901 na Coruña, dende que se produciu o asasinato do obreiro Mauro Sánchez a mans da Guardia Civil o 30 de maio, ata a declaración da folga xeral, por parte dos obreiros, e do estado de guerra, por parte das autoridades, o 31 de maio. Uns sucesos que remataron nunha batalla campal nas rúas da cidade, e o asasinato de outras sete persoas a mans do instituto armado.
Trátase duns feitos que tiveron un enorme impacto na sociedade galega de comezos de século, no movemento obreiro galego e con resonancias a nivel internacional, pero que hoxe están case totalmente esquecidos.
26 xuño – Intervención de CGT Pontevedra na mesa redonda “A criminalización do ecoactivismo e dos movementos sociais””. Terá lugar no Salón de Actos do Edificio Sindical (r/ Pasantería, 1). Análise, testemuña e debate con: Larri (CGT Pontevedra), Ana Freiría (Ecoloxistas en Acción) e Sara (Amnistía Internacional).
Comité Local – CGT Pontevedra
