ADAPTACIÓN LIBRE DUN TEXTO DE JEAN BAUDRILLARD
Na nosa época actual, a da dispersión viral das redes, xa non hai desexo de revolución, senón unha circunvolución, unha metástase interna, unha autovirulencia febril que leva a estalar máis aló dos propios límites, a transcender a súa propia lóxica. Nada desaparece xa pola súa final ou pola súa morte, senón pola súa proliferación, contaminación,